Xa temos gañador@s do concurso de envoltorios Por un Nadal máis sostible
O pasado luns, 18 de xaneiro de 2021, resolveuse o concurso de envoltorios. Seleccionáronse un total de 3 propostas gañadoras de entre todas as recibidas.
O Nadal sempre é unha época na que a xeración de residuos se incrementa. Por tal motivo, e co fin de facer que estas festas sexan máis sostibles, a Tropaverde puxo en marcha un concurso de envoltorios.
Este concurso desenvolveuse baixo o título "Por un Nadal máis sostible" e estiveron a chamadas a participar nel todas as persoas que forman parte da Tropaverde SCQ. As bases de participación foron publicadas o día 22 de decembro de 2020 e o prazo de envío de proposta permanceu aberto ata o mércores, 13 de xaneiro de 2021.
Unha vez rematado dito prazo, o xurado, composto polo xornalista Xosé A. Perozo, a deseñadora gráfica Paula Cantero, a responsable de proxectos europeos do Concello de Santiago de Compostela, Eva Ezcurra e unha persoa representante da empresa Teimas (creadora da iniciativa Tropaverde). Da súa deliberación resultaron seleccionadas as 3 propostas gañadoras. As persoas que se atopan detrás de cada unha destas propostas recibirán como premio un lote de produtos Tropaverde, xunto con dous libros do xornalista Xosé A. Perozo.
Voltar o listado