Reciclar en Santiago ten premio!
Forma parte da Tropaverde e obtén recompensas polas túas accións responsables
Últimas noticias
Que é Tropaverde?
Tropaverde é unha plataforma web que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía premiando de forma directa as boas accións medioambientais.
A web tropaverde.org conecta os tres elementos necesarios para conseguir dito obxectivo:
- a cidadanía
- os lugares onde os cidadáns e cidadás podemos depositar residuos e onde nos premiarán con cheques da Tropaverde
- aqueles comercios e establecementos de hostalaría que colaboran aportando agasallos e/ou descontos
Como funciona Tropaverde?
O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo (nos lugares que se indican no apartado Gaña estrelas da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas o cidadán ou cidadá pódeas ir acumulando na súa conta (previa alta de balde na web) para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado Recompensas. As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran coa plataforma.
Recompensas
Ver todas as RecompensasA que estás esperando? Aproveita esta oportunidade e date de alta! É de balde!
Clasificacións por distritos dende o 01/04/2021
Clasificación por total de estrelas gañadas
Nome | Nº Usuarios | Estrelas gañadas | |
---|---|---|---|
1 | Conxo - A Choupana - Volta do Castro | 36 | 360 |
2 | San Lázaro - San Marcos - Lavacolla - A Sionlla | 10 | 30 |
Clasificación por número medio de estrelas
Nome | Nº Usuarios | Nº Medio de estrelas | |
---|---|---|---|
1 |
Conxo - A Choupana - Volta do Castro San Lázaro - San Marcos - Lavacolla - A Sionlla |
36 10 |
30,00 |