Como funciona TROPA VERDE?

Como podo formar parte da TROPA VERDE?

Formar parte da TROPA VERDE é ben sinxelo: só tes que te rexistrar co teu correo electrónico ou a túa conta de facebook nesta Link

Que son as ESTRELAS?

Son os teus puntos dentro da TROPA VERDE. Cantas máis accións de responsabilidade ambiental realices, máis ESTRELAS percibirás e maior será o teu rango dentro da TROPA VERDE.

Como podo obter as ESTRELAS?

Obtes estrelas cada vez que fas accións responsables ambientalmente, por exemplo, entregar residuos nun punto limpo. A listaxe cos lugares onde podes obter estrelas polas túas accións está no apartado Gaña Estrelas!

Déronme un CHEQUE. Que podo facer con el?

Iso é que fixeches unha acción responsable! Ben feito! No propio CHEQUE tes un CÓDIGO de números e letras. Na web da TROPA VERDE atoparás unha caixa de texto onde introducir este CÓDIGO. Unha vez o introduzas, a túa acción responsable aparecerá no teu panel de control e o sistema asignarache un número de ESTRELAS, que podes trocar por RECOMPENSAS. No propio cheque tes instrucións para trocalo por ESTRELAS. Se aínda así tes algunha dúbida ponte en contacto con nós no correo electrónico info@tropaverde.org.

Que podo facer coas miñas ESTRELAS?

Podes trocar as túas estrelas polas RECOMPENSAS dos COLABORADORES da TROPA VERDE. Podes ver a listaxe de colaboradores na seguinte ligazon, e trocar as túas estrelas polas recompensas que teñen preparadas para ti nestoutra.

Xa troquei as miñas ESTRELAS por unha RECOMPENSA. Que fago agora?

Estupendo! Se te fixas, dentro da túa RECOMPENSA tes unha opción para descargar un CUPÓN. O cupón é a túa chave para desfrutar dela no COLABORADOR que escolliches. O único que tes que facer é imprimir ese cupón e darllo ao COLABORADOR para recibir o teu agasallo ou desconto. O cupón ten un único uso, debes entregalo ao COLABORADOR a cambio da RECOMPENSA ofertada. Os cupóns non son acumulables e un usuario non pode repetir recompensa.

Quero RECOMPENSAR á xente da TROPA VERDE. Canto custa?

Nada, 0 €, de balde. Ademáis non implica ningún compromiso pola túa banda, agás deseñar unha RECOMPENSA sinxela. Ademáis os teus datos, fotos, enderezo etc. figurarán na web polo que terás publicidade de balde e, de seguro, visitas de seareiros da TROPA VERDE para desfrutar das túas RECOMPENSAS, que poden ser agasallos ou descontos, por exemplo. Sabemos que o teu tempo é limitado, así que non queremos darche traballo algún. Se queres ser colaborador e recompensar aos cidadáns escribe a info@tropaverde.org e un responsable da TROPA VERDE contactará contigo o máis rápido posible para apuntarte na lista de COLABORADORES e deseñar unha oferta contigo, en menos de 10 minutos.

Gustaríame ser EMISOR DE ESTRELAS. Canto custa?

Nada, 0 €, de balde. Escribe a info@tropaverde.org e un responsable da TROPA VERDE contactará contigo o máis rápido posible para apuntarte na lista de EMISORES e deseñar o teu plano de emisión de estrelas.

Como podo facer para achegar dúbidas e suxestións á TROPA VERDE?

Escribe a info@tropaverde.org e un responsable da TROPA VERDE contactará contigo o máis rápido posible.