Concurso: por un Nadal máis sostible

Quen?

Todas as persoas rexistradas na TropaverdeSCQ.

Como?

Confeccionando o teu envoltorio de agasallo con materiais reutilizados, reutilizables e/ou biodegradables e enviando unha fotografía do mesmo por correo electrónico a info@tropaverde.org  ou compartíndoa de xeito público no teu perfil de Facebook etiquetando á TropaverdeSCQ. Tamén se admitirá o envío de fotografías por mensaxe privada á páxina de Facebook da Tropaverde.

Cando?

O período de participación será do martes 22 dedecembro de 2020 ao mércores 13 de xaneiro de 2021 ás 23:59h. O resultado do concurso farase público o luns 18 de xaneiro. As persoas gañadoras serán contactadas a través do mesmo medio (correo electrónico ou Facebook) do que participen no concurso.

Premio

Cada persoa gañadora recibirá un lote de agasallos composto por: unha botella de vidro reutilizable, unha bolsa de tea, unha bolsa de merenda de tea e un libro do xornalista Antonio Perozo.

Nesta ligazón tes dipoñible unha imaxe dos agasallos.

Concurso de envoltorios

Envolver os teus regalos con materiais reutilizados, reutilizables e/ou biodegradables, ten premio!

  • Confecciona envoltorios de regalos con materiais reutilizables, biodegradables e/ou reutilizados evitando en todo caso o uso de materiais plásticos (derivados do petróleo). Algúns exemplos de materiais a empregar son: xornais e revistas vellos, tea, fíos de fibras naturais (lá, esparto, algodón, …), elementos naturais (follas, flores secas, pequenos froitos,…), etc.

  • Realiza unha fotografía do envoltorio confeccionado.

  • Envíanos as túas fotografías a través de calquera das 3 (tres) vías de participación:
    • Envío das fotografías ao enderezo de correo electrónico info@tropaverde.org indicando no asunto “Consurso Nadal máis sostible”.
    • Publicación das  fotografías  de xeito público no teu perfil de Facebook, nomeando á Tropaverde SCQ  (@tropaverdeSCQ) na publicación.

Admitirase ata un máximo de dúas (2) fotografías por persoa

En cada fotografía deben indicarse os materiais empregados para confeccionar o envoltorio. Ditos materiais especificaranse por escrito no corpo do correo electrónico, no texto da publicación en Facebook ou no texto que acompañe á mensaxe privada  de Facebook.

O día e lugar de entrega dos premios acordarase  coas persoas que resulten gañadoras. A persoa que recolla o premio deberá acreditar documentalmente a súa identidade.

Os criterios a avaliar para a selección das tres persoas gañadoras son:

·      Variedade de materiais empregados.

·      Orixinalidade no uso dos devanditos materiais.

·      Potencial de reutilización dos materiais empregados.

Para máis información consulta as Bases da campaña que atoparás máis adiante, ao final desta páxina.

Documentos da campaña

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando