Obradoiro de reacondicionamento de computadores refugados
Este obradoiro sitúase dentro da camnpaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" e con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos
Só en España xéranse 800 mil toneladas ao ano de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos das cales apenas un terzo destas xestiónanse de maneira adecuada.
A Semana Europea da Prevención de Residuos é unha iniciativa cuxo obxectivo é promover e implantar durante unha semana acciones de sensibilización sobre recursos sustentables e xestión de residuos.
Dentro da campaña “Longa vida aos teus residuos electrónicos” e con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos realizarase en dous centros socioculturais da cidade de Compostela un OBRADOIRO DE REACONDICIONAMENTO DE COMPUTADORES REFUGADOS.
O obxectivo principal do obradoiroé que os asistentes tomen conciencia do importante que é para o medio ambiente unha correcta xestión deste tipo de residuos e ensinarlles a valorizar de maneira sinxela algúns destes aparellos. O reacondicionamiento dun equipo informático completo permite un aforro de emisións de CO2 á atmosfera equivalente ao dun vehículo para percorrer 1600 Km.
Realizarase un caso práctico de reutilización dun computador, mostrándolle aos participantes como abrir a carcasa, os principais compoñentes que se poden cambiar (RAM , disco duro), o borrado seguro da información dos discos duros e como volver instalar o sistema operativo.
Esta iniciativa lévase a cabo grazas a colaboración do Concello de Santiago de Compostela coas empresa Teimas Desenvolvemento, Revetia e Recyclia.
Data: Xoves, 23 de Novembro
Hora e lugar:
17:30 -19:00: Centro Sociocultural de Vite
19:30 - 21:00: Centro Sociocultural do Ensanche
Esquema obradoiro:
1.-Os residuos electrónicos e a súa xestión
2.-A reutilización e a reciclaxe
3.-Taller práctico
3.1 Características e funcionamento dunha CPU
3.2 Proceso de restauración e reacondicionamiento
3.3 Caso práctico.
Para participar nestes obradoiros non esquezas anotarte nos Centros Socioculturais que participan, xa que as plazas son limitadas. E para seguir co lema da Tropa Verde “Reciclar ten premio” sortearase entre todos os participantes un PC de sobremesa refugado.Teimas Desenvolvemento é unha empresa de base tecnolóxica do ámbito das TIC que desenvolve a súa actividade no sector ambiental e no desenvolvemento de proxectos software innovadores e diferenciais sendo a única TIC de España especializada ao 100% no sector residuos. Con oito anos de actividade, Teixo é o software de referencia para xestores de residuos, 170 plantas de xestores de residuos forman parte dos seus clientes en España, Andorra e Chile. Teimas tamén desenvolve tecnoloxía para entidades da Administración como o Concello de Santiago de Compostela Compostela co obxectivo de fomentar a reciclaxe na cidade coa Plataforma multimedia Tropa Verde, ou para a Xunta de Galicia (Plataforma de Información Ambiental Gaia), entre outros. O portal Gestoresderesiduos.org é medio líder especializado no sector residuos con máis de 7.500 noticias publicadas e un catálogo de 5.000 xestores.
Revertia
En revertia somos pioneiros nos procesos de preparación para a reutilización, como mellor das opcións de tratamento de dispositivos obsoletos de acordo co principio de xerarquía na xestión dos residuos. A maioría dos equipos que se tratan nas nosas instalacións poden ter a miúdo unha segunda vida, polo que a nosa filosofía, en liña coa idea da economía circular, é que os bens se volvan a usar, recupérense ou, en caso de non ser posible, desmantélense e recíclense nun círculo continuo. Que os residuos duns convértense en recursos e materias primas recicladas para outros.
Recyclia
Recyclia é a maior plataforma de recollida selectiva e xestión de residuos eléctricos e electrónicos e pilas usadas de España. Recyclia xestiona e opera a través das Fundacións Ambientais: Ecopilas, Ecofimática, Ecoasimelec-Tragamóvil e Ecolum.
Estes Sistemas Colectivos de Responsabilidade de Responsabilidade Ampliada do Produtor, para a xestión de RAEE e pilas, ofrecen aos produtores a cobertura necesaria para a correcta recollida e óptima reciclaxe dos seus residuos, dando servizo a máis de 1300 empresas.
Pioneiras en España, coas súas máis de 16 anos de actividade, contan con preto de 50.000 puntos de recollida de residuos, o que lles permitiu xestionar máis de 180.000 toneladas de RAEE e máis de 20.000 toneladas de pilas e baterías desde o inicio da súa actividade.