Obradoiro de reacondicionamento de computadores refugados

Só en España xéranse 800 mil toneladas ao ano de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos das cales apenas un terzo destas xestiónanse de maneira adecuada.

A Semana Europea da Prevención de Residuos é unha iniciativa cuxo obxectivo é promover e implantar durante unha semana acciones de sensibilización sobre recursos sustentables e xestión de residuos.

Dentro da campaña 'Longa vida aos teus residuos electrónicos' e con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos realizarase en dous centros socioculturais da cidade de Compostela un OBRADOIRO DE REACONDICIONAMENTO DE COMPUTADORES REFUGADOS.

O obxectivo principal do obradoiroé que os asistentes tomen conciencia do importante que é para o medio ambiente unha correcta xestión deste tipo de residuos e ensinarlles a valorizar de maneira sinxela algúns destes aparellos. O reacondicionamiento dun equipo informático completo permite un aforro de emisións de CO2 á atmosfera equivalente ao dun vehículo para percorrer 1600 Km.

Realizarase un caso práctico de reutilización dun computador, mostrándolle aos participantes como abrir a carcasa, os principais compoñentes que se poden cambiar (RAM , disco duro), o borrado seguro da información dos discos duros e como volver instalar o sistema operativo.

Esta iniciativa lévase a cabo grazas a colaboración do Concello de Santiago de Compostela coas empresa Teimas Desenvolvemento, Revetia e Recyclia.

  • Data: Xoves, 23 de Novembro
  • Hora e lugar:
    • 17:30 -19:00: Centro Sociocultural de Vite
    • 19:30 - 21:00: Centro Sociocultural do Ensanche
  • Esquema taller:
    1. Os residuos electrónicos e a súa xestión
    2. A reutilización e a reciclaxe
    3. Taller práctico
      1. Características e funcionamento dunha CPU
      2. Proceso de restauración e reacondicionamiento
      3. Caso práctico

Para participar nestes obradoiros non esquezas anotarte nos Centros Socioculturais que participan, xa que as plazas son limitadas. E para seguir co lema da Tropaverde 'Reciclar ten premio' sortearase entre todos os participantes un PC de sobremesa refugado.

Documentación da campaña

Patrocinadores

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando