O que pos no teu plato, tamén lle importa ao planeta

Cada vez coñecemos máis sobre as consecuencias que teñen o xeito en que vivimos e nos alimentamos no coidado dos ecosistemas e do planeta a nivel global.


 A contaminación polo gases de efecto invernadorio xerados das explotacións de animais, en especial en intensivo, producen o maior impacto negativo na produción de alimentos.

28d7aa5920b92a83761439d4cc419f16ce594e73
Neste mes de outubro queremos adicar un pequeno espazo para recoñecer a importancia do traballo dos establecementos colaboradores que contribúen positivamente na transformación cara a un estilo de vida máis sostible. E, hoxe, tócalle a unha das últimas incorporacións á Tropaverde de Santiago: A Veggie Tenda!

A produción mundial de alimentos é responsable de emisións de gases de efecto invernadoiro equivalentes a 17.318 millóns de toneladas métricas de CO2 ao ano, dos cales o 57 % corresponde á produción de alimentos de orixe animal, o 29 % á de orixe vexetal e o 14 % a outros aproveitamentos, como o caucho e o algodón. 

Ser cada vez máis conscientes da repercusión que teñen as nosas accións, e en especial, esa que repetimos a lo menos 3 veces ao día, é vital para poder pensar en ecosistemas sans e biodiversos no futuro próximo.

 O que consumimos, como o facemos, de onde procede, quen o cultiva e como o fan chegar a nós, ten un efecto no entorno, que multiplicado por miles de veces e millóns de persoas, ten unhas consecuencias ou outras para o medio ambiente.

Temos que dirixirnos xuntos a un futuro máis consciente, sensible e coherente. E parte delo son espazos como os da nosa colaboradora que achegan alternativas nutricionalmente completas e para todos os padais!

Non esquezas que tes unha recompensa dun café quentiño na súa tenda, a excusa perfecta para achegarte, preguntar e descubrir todo o que ten para ofrecer!



| Publicación coordinada co Concello de Santiago dentro do marco "Outubro: Establecementos colaboradores cara un modo de vida sostible. |

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando