Volve a Lotaría da Tropaverde cun premio moi especial
Entra no SORTEO de 10 convites para dúas persoas para participar nos actos institucionais que organiza o Concello de Santiago na noite do 24 de xullo, con motivo das Festas do Apóstolo
Como?
A lotaría da Tropaverde SCQ consiste en adquirir con estrelas da Tropaverde (como unha recompensa) un décimo de “lotaría” durante o período de vixencia. O número da lotaría será polo tanto o número do cupón.
Con estos “décimos” poderás entrar no sorteo dun GRAN PREMIO.
Cando?
A iniciativa levarase a cabo ata 8 DE XULLO DE 2019
O gran Sorteo realizarase 9 DE XULLO DE 2019
Premio
Sorteo de 10 convites para dúas persoas para participar nos actos institucionais que organiza o Concello de Santiago na noite do 24 de xullo, con motivo das Festas do Apóstolo!! PODEREDES VELOS FOGOS DO APÓSTOLO DENDE UN LUGAR PRIVILEXIADO!!Bases para optar ó premio enmarcado na iniciativa “Tropaverde SCQ” e que leva por título “Lotaría Tropaverde”
PRIMEIRA.- Obxecto e marco de referencia
A campaña que Teimas Desenvolvemento S.L. NIF B70179973, en adiante "Teimas" como a empresa ideadora da Tropaverde, no ámbito do incentivo da reciclaxe presenta “Lotaría Tropaverde”, concurso que inclúe un sorteo no que poderán participar todos os membros da Tropaverde.
O obxectivo non é outro que dar un paso máis sobre a necesaria tarefa de concienciación cidadá e promover o interese dos cidadáns na iniciativa Tropaverde, que ten como obxectivo mellorar os índices de reciclaxe, rebaixando os custos de xestión de residuos. Se incentiva o cidadán a reciclar mediante recompensas directas por cada boa acción ambiental a través da súa páxina web.
SEGUNDA.- Mecánica do concurso
Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:
Ser membro da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org só precisa un correo electrónico e un contrasinal.
Conseguir estrelas da Tropaverde nos diferentes puntos emisores. Podes saber cales son no apartado de Gaña estrelas da web. Trocar as estrelas por lotaría da Tropaverde no apartado de Recompensas da web. O número da lotaría corresponderá co CÓDIGO DO CUPÓN.
Se permite participar todas as veces que se queira, cantos máis cupóns, máis oportunidades de gañar.
Con todos os “décimos” trocados realizarase un sorteo dun GRAN PREMIO.
TERCEIRA.- Ámbito persoal e territorial
Poderán participar neste concurso todos os membros de Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta de maneira moi sinxela en www.tropaverde.org.
CUARTA.- Prazo de participación
O período de participación é ata o 8 DE XULLO. O gran sorteo realizarase o 9 DE XULLO.
QUINTA.- Descrición do premio
Sorteo de 10 convites para dúas persoas para participar nos actos institucionais que organiza o Concello de Santiago na noite do 24 de xullo, con motivo das Festas do Apóstolo.
SEXTA.- Gratuidade da participación
A participación neste concurso é de balde.
SÉTIMA.- Condiciones das candidaturas
A candidatura dos diferentes participantes se fará efectiva no momento de trocar o cupón-lotaría.
OCTAVA.- Xurado
O xurado desta campaña estará conformado polos membros do equipo da TropaVerde.
Teimas queda exonerada de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos participantes que impedise a súa correcta identificación.
Teimas resérvase o dereito para efectuar, en calquera momento, cambios que redunden no bo fin do concurso, tales como, a título enunciativo pero non limitativo, ampliación do período do concurso, inclusión de novos premios ou modificación das condicións de participación, ou cando concorra calquera causa de forza maior que impida levalo a termo na forma en que se describe nas presentes bases. Ditas modificacións serán comunicadas na páxina web da Tropa Verde (www.tropaverde.org) e/ou nas redes sociais da Tropa Verde a tódolos participantes.
Teimas non se responsabilizará da perda, avaría ou destrución do premio.
NOVENA.- Difusión e publicación
1. A TropaVerde poderá proceder a divulgar a través dos seus propios medios (páxina web da Tropa Verde, redes sociais e comunicados de prensa) os resultados e participación deste concurso.
2. Os gañadores autorizan expresamente o uso das gravacións audiovisuais e fotografías que poidan realizarse durante a súa participación, así como a súa posterior utilización coa finalidade autopromocional da campaña, o que incluirá a súa reprodución e comunicación pública naqueles medios que a Tropa Verde considere oportunos sen límite temporal algún.
3. A participación nesta iniciativa supón a aceptación de todas as bases.
DÉCIMA.- Protección de datos
En cumprimento do Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e é libre circulación destes datos e polo que derógase a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeneral de protección de datos), TEIMAS tratará a información que nos facilita co fin de enviarlle publicidade relacionada coas nosas campañas e concursos por calquera medio (postal, email ou teléfono) e convidarlle a eventos organizados pola empresa. Os datos proporcionados conservaranse mentres non solicite o cesamento da actividade. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en Teimas estamos a tratar os seus datos persoais por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar o súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recolleitos.
UNDÉCIMA.- Aceptación e interpretación das bases
A participación no mencionado concurso supón a aceptación das presentes bases, así como a aceptación da interpretación que das mesmas puidese facer Teimas e dos criterios que estableza para resolver cantas cuestións derívense do mesmo.
As bases desta promoción estarán a disposición de calquera interesado nas oficinas de Teimas en Santiago de Compostela, e na páxina web https://www.tropaverde.org/.
DUODÉCIMA.- Ley aplicable
A lei aplicable á presente promoción será a española