Volta a recollida de tapóns! Reciclar volve ter premio… solidario!
Separando axudas ao planeta, ás persoas e ás boas causas. Agora, da man da Fundación Seur, “Tapones para una nueva vida”.
Se a ti tampouco che daba xeito deixar de separar os taponciños de plástico… Boas novas! Poderás voltar a levalos aos Centros Socioculturais, mentres reduces o teu impacto ambiental, colaboras cunha causa solidaria e sumas estrelas para conseguir recompensas da Tropaverde.
A rede de Centros Socioculturais de Compostela volve a facer a recollida selectiva de tapóns de plástico, que estivera suspendida temporalmente pola situación sociosanitaria. Colabora agora coa Fundación Seur, co obxetivo de ofrecer axuda a nenos e nenas con enfermidades graves. A través da reciclaxe destes plásticos, pódese colaborar no acceso destas persoas a tratamentos médicos e ortopédicos non cubertos pola Seguridade Social.
Segundo palabras da Fundación Seur: “Máis de 13 millóns de persoas que colaboran con SEUR conseguiron que máis de 153 nenos e nenas reciban máis de 1 millón de euros, grazas ás 5.000 toneladas de tapóns de plástico reciclados, e ademais evitouse a emisión de 6.000 toneladas de CO2, principal gas causante do cambio climático. En total recicláronse máis de mil millóns de tapóns, cos que se poderían encher 20 piscinas olímpicas!!”
Súmate á transformación verde e solidaria!
Toda a información relativa a esta campaña na web: Tapones para una nueva vida – Fundacion seur
Datos de contacto dos Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela: Agora reciclar ten premio!
Fotografía de Charles Deluvio.