Un ser vivo vital para o mediterráneo: A importancia da Posidonia para o ecosistema

O fondo mariño alberga unha gran cantidade de tesouros naturais que merecen ser conservados. Un deles é a Posidonia oceánica, Patrimonio da Humanidade Submariño, que dá cor ás augas das illas. Sabías que moi importante para o ecosistema? 

1de096044331aedea39ba119b13378aa1bf78de7
Ademais de ser unha planta mariña, é endémica do mediterráneo. Entre Ibiza e Formentera áchase o ser vivo máis grande do mundo: unha pradería de Posidonia de 8 quilómetros de diámetro. A  Posidonia oceánica é a especie máis lonxeva da biosfera.

Por que é tan importante? 

Cada ano faise un seguimento deste ser vivo. A súa protección é vital para preservar o ecosistema e as praias. 

No fondo mariño a Posidonia contribúe á osixenación da auga, serve de reserva para peixes, moluscos e crustáceos, xa que son lugares de posta, refuxio e alimento. Ademais, a súa disposición fai que as ondas rompan con menos intensidade nas praias e así evita a perda de area.

En contexto, sobre a area a Posidonia tamén ten unha importante función. A que se acumula na praia controla a perda de area. Tamén protexe as praias das erosións. E, non só isto, ademais axuda á formación de area: un 75% das praias das Illas Baleares son fragmentos  microscópicos de especies vinculadas á  Posidonia. Ademais, este ser vivo axuda a conservar as dunas.

Os inimigos da  Posidonia

En Ibiza teñen que facer un seguimento continuado por dous principais inimigos, por unha banda, o fondeo de embarcacións e por outro as verteduras de auga mal depuradas. Ademais, é importante saber que toda a Posidonia que queda na praia, que a retiran coma se fose “lixo”, realmente está a protexer as praias, a area… En xeral, a  Posidonia mellora a calidade do ecosistema.

Artigo traducido ao galego dende o orixinal de RTVE. Entra neste enlace para ver os videos e máis información.
Imaxe de Benjamin L. Jones.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando