Un rapaz de 15 anos crea un R2D2 con lixo

Eduardo Santos Pérez logrou recrear ao famoso robot de «A Guerra das Galaxias» con material reciclado

6ec63ac71dcce7f735902c36d450b10f5bec37d0
Eduardo Santos Pérez, ten 15 anos e dedicou os últimos da súa vida para construír un R2D2 como o da Guerra das Galaxias e que se move igual que o da película. A particularidade é que «é o único de Europa feito con lixo, con material reciclado», destaca este espabilado alumno do IES David Buján de Cambre. «Vi unha noticia na tele sobre que o lixo electrónico estaba a destruír a natureza e a vida e empecei a reciclar. Utilicei paus de escoba, un farol circular, unha roda tola (a do carriño do supermercado), 150 leds para a cabeza e os motores do Rumba, do aspirador automático», explica o mozo que contou, di, coa colaboración de dez persoas entre amigos e «colaboradores de Bricolabs, unha asociación de manitas, de xente que lle gusta chatarrear», informa. 

Pronto empezará co seu próximo proxecto «o BB-8 da última de Star Wars».
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando