Tropa Verde remata exitosamente a primeira campaña: “Reciclar na escola ten premio”

Reciclar na escola ten premio” trátase dun  conxunto  de  campañas  do  Concello  de  Santiago  en  colaboración  con  Teimas Desenvolvemento  para  a  concienciación  ambiental  sobre  a  reciclaxe  nos  centros educativos composteláns

C8909e6813e99faa30f875221e7769e24c3450a6
Santiago de Compostela. 24 de maio de 2016.­ “Reciclar na escola ten premio” trátase dun  conxunto  de  campañas  do  Concello  de  Santiago  en  colaboración  con  Teimas Desenvolvemento  para  a  concienciación  ambiental  sobre  a  reciclaxe  nos  centros educativos composteláns

O 24 de febreiro de 2016 Xan Duro, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia de Santiago de Compostela, daba por comenzada unha segunda fase sa iniciativa Tropa Verde,  confirmando  que  a  cidadanía  compostelá  aposta  pola  reciclaxe.  Unha  das  liñas definidas esta vez, era o traballo nos colexios, a concienciación dos máis pequenos. E esa é a  proposta  de  “Reciclar  na  escola  ten  premio”,  novo  conxunto  de  actividades  desta revalidada proposta ecolóxica. 

Os resultados  despois  da  primeira  das  campañas  da  Tropa Verde  nos  colexios  son  algo máis que un bo sinal, son un par de pasos adiante. Neste caso a proposta era a recollida de aceite usado para a súa posterior reciclaxe. Os rapaces de quince dos centros de primaria da  capital  galega  lanzáronse  a  competir  por  ser  a  clase  e  o  centro  máis  verdes  da clasificación. Isto non só resultou en 2.356 litros recollidos ou en 2.356 millóns de litros de  auga  (ao  redor  de  1.500  bañeiras),  salvados  de  ser  contaminados,  senón  tamén  na ilusión dos participantes por colaborar en prol dunha transformación ecolóxica e social.

A terceira parte implicada, xunto co Concello de Santiago, a importante colaboración da dirección  de  educación e  os  colexios  participantes,  é  Teimas  Desenvolvemento.  A compañía, promotora do proxecto, é a encargada tanto do desenvolvemento da súa base tecnolóxica coma das actividades de dinamización a pé de escola. Sen embargo tamén é preciso  resaltar  o  importante  papel  que  en  Tropa  Verde,  teñen  as  asociacións  veciñais, Urbaser,  os  comercios  locais...  Desta  vez,  tamén  os  recolledores  PMA  NutrigasCompostela Inserta, encargados de proporcionar os contedores  e de realizar a recollida dos mesmos.

Se ben na competición houbo un xusto gañador, o CEIP de Roxos, que ademais de contar coa clase coa mellor porcentaxe de recollida, alcanzou tamén o top da lista de colexios. Con 302 botellas recollidas e nada menos que 2,59 botellas por alumno. Participar é gañar, e máis  cando  se  trata  de  aprender  sobre  a  natureza.  Máis  de  2.000  alumnas  e  alumnos participaron  neste  concurso  no  que,  ademais  de  reciclar  de  xeito  práctico,  descubriron  o medio ambiente a nivel teórico, grazas aos talleres da Tropa Verde nas súas aulas.

Esta xa é a segunda fase de Tropa Verde, e tal como rematou a primeira parte de “Reciclar na  escola  ten  premio”,  tamén  comezou  a  segunda  campaña.  Esta  vez  gracias  á colaboración da Asociación Adén e do xestor de residuos autorizado Taxileón­Logiraees,  o  obxectivo  dos  pequenos  recolledores,  serán  os  aparatos  electrónicos.  As  expectativas medran. Non se tardará en saber se o título aos mellores recolledores é revalidado ou se hai sorpresas. 

Sobre Tropa Verde

Tropa  Verde  é  un  proxecto  tecnolóxico  e  innovador  desenvolvido  por  Teimas Desenvolvemento, que premia a conciencia ecolóxica da veciñanza. Os cidadáns inscritos na  plataforma  reciben  puntos  cada  vez  que  fan  accións  responsables medioambientalmente,  como depositar residuos nos lugares acaídos, ou asistir a eventos de  sustentabilidade.  Eses  puntos  pódense  trocar  por  distintos  agasallos  e  premios  que entrega nos locais patrocinadores.

O  proxecto  púxose  en  marcha  en  maio  de  2015.  Neste  tempo,  preto  de  2.000  cidadáns 
rexistráronse  na  plataforma,  e  conseguiuse  a  patrocinio  de  115  establecementos  do 
comercio e da hostalería compostelá. Outros datos que falan do éxito do programa son que, 
en menos dun ano, repartíronse 4.700  cheques e ofertáronse 1.500 recompensas por un 
valor de 12.000 euros.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando