Tropa Verde e o Concello de Santiago premian a reciclaxe nas aulas

O luns 20 de xuño produciuse a entrega dos premios da primeira campaña "Reciclar na escola ten premio" de recollida de aceite de cociña usado e de Aparellos eléctricos e electrónicos!

9f489d31cbcb653b194a77e6f290da4f8c80d174
O Concello de Santiago de Compostela acolleu o luns 20 de xuño  a entrega dos premios da primeira campaña do programa "Reciclar na escola ten premio", enmarcada dentro do programa Tropa Verde. O acto estivo presidido polo alcalde da capital galega, Martiño Noriega, e contou tanto coa asistencia dos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; como coa dos promotores del proxecto, Teimas Desenvolvemento, e a das empresas colaboradoras.

A campaña implicou a 20 centros educativos da cidade, o que supón un total de 2.342 alumnas e alumnos. Entre todos recolléronse cerca de 2.400 litros de aceite de cociña usado, 1.030 teléfonos móbiles, e 3.300 aparatos eléctricos e electrónicos, o que equivale a 750 quilos. En total ‘Reciclar na escola’ evitou a contaminación de 54 millóns de litros de auga e de máis de 100.000 metros cúbicos de chan.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 No apartado de recollida de aparatos eléctricos e electrónicos, os estudantes que máis reciclaron foron os da aula de 6º de Primaria do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei. Seguidos pola da aula de 4ºB de Primaria do CEIP de Roxos, e pola aula de 4º de Primaria do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei.

No relativo á recollida de aceite de cocina usado, os mellores resultados foron os de "A sexta oliva", aula do CEIP de Roxos, seguidos da aula de 3º de Primaria do CPR A Milagrosa e pola aula "Pepito Aceite" do CEIP de Roxos.

                                                                                                                              

"Reciclar na escola ten premio" é un proxecto da Concellería de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago e de Teimas Desenvolvemento. Nesta actividade colaboraron ademais PMA Nutrigas e Compostela Inserta, encargados dos contedores e da correcta xestión do aceite usado. E tamén a Asociación Adén e o xestor Taxileón-Logiraes con respecto á recollida de RAEEs.

Sobre Tropa Verde

Tropa Verde é un proxecto tecnolóxico e innovador desenvolvido por Teimas Desenvolvemento, que premia a conciencia ecolóxica da veciñanza. Os cidadáns inscritos na plataforma reciben puntos cada vez que fan accións responsables medioambientalmente, como depositar residuos nos lugares acaídos, ou asistir a eventos de sustentabilidade. Eses puntos pódense trocar por distintos agasallos e premios que entrega nos locais patrocinadores.

O proxecto púxose en marcha en maio de 2015. Neste tempo, preto de 2.000 cidadáns rexistráronse na plataforma, e conseguiuse a patrocinio de 115 establecementos do comercio e da hostalería compostelá. Outros datos que falan do éxito do programa son que, en menos dun ano, repartíronse 4.700 cheques e ofertáronse 1.500 recompensas por un valor de 12.000 euros.

Santiago de Compostela. Mércores 21 de Xuño de 2016
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando