Tropa Verde conmemorará o Día Mundial sen Bolsas de Plástico

Taller de reutilización de botellas de plástico e reparto de bolsas deseño Tropa Verde no Mercado ECO&ART

8b4a568f81459b51b93f42915160206b2f50a29c

Para conmemorar o DÍA MUNDIAL SEN BOLSAS DE PLÁSTICO (3 DE XULLO) e coincidindo co Mercado ECO&ART, Tropa Verde realizará varias actividades o sábado 7 de xullo de 16:00 - 19:00 na Praza Roxa consistentes no reparto de bolsas reutilizables con deseño de Tropa Verde e un taller de reutilización de botellas de plástico.

Durante o reparto, tamén se entregarán chapas, flyers con información e estrelas (para acumular e trocar por gasallos e descontos) e aproveitouse para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde.

O reparto de bolsas para a compra pretende diminuír o consumo de plásticos e concienciar sobre a entrada en vigor do Real Decreto que incorporará ao ordenamento xurídico español a directiva europea 2015/720 para reducir o consumo de bolsas de plástico en toda a UE, onde as tendas estarán obrigadas desde 2018 a cobrar 5 e 30 céntimos pola bolsa de plástico.

Rompe cos plásticos: Taller de reutilización de botellas de plástico

A quen vai dirixido?

Esta campaña de sensibilización está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 10 anos,

Cal é a finalidade da campaña?

A finalidade é incentivar a responsabilidade ambiental nos rapaces e rapazas da cidade de Santiago de Compostela, así como nas súas familias, contribuíndo así á redución dos residuos plásticos e optimizando a xestión destes.

Sensibilizar e concienciar á sociedade sobre prevención de residuos, reutilización de produtos e a reciclaxe de materiais.

En que consiste?

A actividade que se realizará terán como principal característica a participación e a experiencia directa para fabricar peixes de cores con bolsas de plástico.

Para iso os rapaces e rapazas que queiran participar deberán gardar o envase dunha botella de auga e traelo o día da actividade.

Tropa Verde Santiago de Compostela

O proxecto Tropa Verde SCQ (www.tropaverde.org) segue a crecer con todas estas iniciativas. O obxectivo principal é concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que se tenta potenciar o comercio local. Para formar parte da Tropa Verde é preciso inscribirse a través da web tropaverde.org.

A día de hoxe Tropa Verde conta con 3.080 usuarios, 125 establecementos colaboradores que reparten premios e agasallos, e con máis de 1.400 premios repartidos .

Formas de obter  regalos

O sistema é sinxelo. Cando un usuario deposita os seus residuos no punto limpo de Piñeiral  do Rei ou os seus aparellos electrónicos domésticos nos baixos do auditorio reciben un código que, introducido na web www.tropaverde.org, suma puntos estrela na súa conta, que logo se poden cambiar por agasallos directos e descontos. Tamén os usuarios da compostaxe individual reciben puntos ao recoller o seu  estructurante. Quen use os contedores, incluídos os de recollida de roupa de Cáritas, pode enviar unha foto a info@tropaverde.org. Finalmente, o bo uso do servizo municipal de recollida de voluminosos dar dereito a trinta estrelas.


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando