Tropa Verde conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente

Conmemora este día tan importante "traendo un amigo á Tropa Verde" e poderás velos Fogos do Apóstolo dende un lugar privilexiado

42e23a17a6c5b225540960fa1e2145f842c36e27

Para celebrar o “DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE” poñemos en marcha de novo o sorteo “TRAE UN AMIGO Á TROPA VERDE” polo seu gran éxito e para seguir repartindo un dos nosos agasallos máis especiais e únicos da man do Concello de Santiago de Compostela:

Sortearemos 10 convites para dúas persoas para participar nos actos institucionais que organiza o Concello de Santiago na noite do 24 de xullo, con motivo das Festas do Apóstolo!! PODEREDES VELOS FOGOS DO APÓSTOLO DENDE UN LUGAR PRIVILEXIADO!!

Para participar no sorteo tendes que “Traer un amigo á Tropa Verde”, e dicir, contarlle a un amigo ou amiga as grandes vantaxes de formar parte da Tropa Verde e darlle de alta na plataforma. Podedes participar as veces que queirades, simplemente traendo amigos novos a Tropa!

Para formalizala participación tendes que enviar o correo do novo usuario a info@tropaverde.org ou por mensaxe privada no Facebook para comprobar que foi dado de alta a partir de hoxe. Entraredes directamente no sorteo en canto o novo usuario sexa rexistrado. Recordade envialas respostas dende o correo co que estades dados de alta en Tropa Verde ou escribilo no corpo do correo ou mensaxe do Facebook para que podamos localizarvos con maior rapidez.

O plazo para participar remata  o día 11 de xuño de 2018 


DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o 5 de xuño. O principal obxectivo desta festividade é concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo un desenvolvemento sustentable para preservar o medio ambiente. Así mesmo, preténdese promover a atención e acción política respecto diso. E é que é necesario que todo o mundo poña o seu granito de area para conseguir manter o planeta nas mellores condicións posibles, na medida do posible. Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, o Día Mundial do Medio Ambiente ( DMMA) é “un evento anual que busca ser o día máis cumpridamente celebrado a nivel mundial, mediante unha acción ambiental positiva. As actividades do DMMA realízanse durante todo o ano pero o seu punto máis alto é cada ano o 5 de Xuño coa participación de persoas de todos os lugares xeográficos”.

Se non podes reusarlo, rexéitao 

Cada ano, o Día Mundial do Medio Ambiente organízase ao redor dun tema e serve para centrar a atención nunha cuestión particularmente apremiante. O tema deste ano, Sen Contaminación Por plástico, fai un chamamento á poboación de todo o mundo en favor dun planeta Sen contaminación por plásticos. Cada ano vértense nos océanos 8 millóns de toneladas de plástico, o que ameaza a vida mariña e humana, e destrúe os ecosistemas naturais. O obxectivo é concienciar sobre a necesidade de reducir a cantidade de plástico que se verte nos nosos océanos. A celebración deste día pretende facernos conscientes de que nós mesmos podemos cambiar hábitos no noso día a día para reducir a pesada carga da contaminación dos plásticos na nosa natureza, na nosa vida silvestre e sobre nosa propia saúde. Aínda que é certo que o plástico ten diversos usos moi valiosos, dependemos demasiado do plástico dun só uso ou desechable e iso ten graves consecuencias ambientais.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando