Teoría da Diversión - Bottle Bank Arcade Machine

Campaña publicitaria de Volkswagen que quere xerar conciencia por reciclar dunha forma divertida.

Ce0d25875195f4fce702e312567cba24916dfc97

The fun Theory” ou Teoría da Diversión traducido ao galego, é unha teoría que elaborou Volkswagen como campaña publicitaria para demostrar que a xente actúa de mellor maneira e cun comportamento máis adecuado, xa sexa relacionado coa súa saúde ou coas normas cívicas dunha cidade (tirar as cousas á papeleira, reciclar, etc.), cando se están divertindo.

Tan sinxelo como isto cando te estás divertindo vas cumprir máis coas túas normas como cidadán que cando non. E se o reciclar implica unha diversión, entón aumentará o número de persoas que actúan de forma correcta.

-         BottleBank Arcade Machine = Colector de botellas con maquina arcade incorporada

O concepto é simple, xerar conciencia por reciclar pero dunha forma divertida. Neste vídeo móstrase unha especie de Arcade/colector onde gañas puntos por introducir botellas de cristal no orificio correspondente:




Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando