Semana Europea para a Redución de Residuos - Comunidades circulares

Desde o 20 ata o 28 de novembro de 2021 celébrase a Semana Europea da Redución de Residuos, unha xornada que busca promover en todos os habitantes do continente europeo unha cultura moito máis ecolóxica, enfocada na reutilización de produtos que cremos que son refugallos, pero que, en realidade, aínda lles queda moita vida útil.


Este ano, a Semana Europea para a prevención de residuos reta á cidadanía e á sociedade en xeral a actuar xuntos para formar comunidades circulares e así evitar a xeración excesiva de residuos.

E5daf901f0a6bfd013ecb5d581d7c507a4cf6bf8

Por que se celebra a Semana para a Redución de Residuos?

Coas actividades que xorde na Semana Europea da Reducción de residuos búscase conseguir diversos obxectivos: 

-Sensibilizar á poboación sobre a redución de residuos, reutilización de produtos e a reciclaxe de certos tipos de materiais.
-Destacar e dar visibilidade a todas as organizacións e persoas que participen na Semana Europea da Redución de Residuos.
-Animar á cidadanía a que reduzan a súa cantidade de residuos, reutilicen aqueles que poden, reciclen e manteñan limpa toda Europa.
-Idear e xerar novas formas de capacitación en materia medio ambiental.

Como podes axudar a que sexa todo un éxito

Existen moitas maneiras de diminuír os residuos do noso fogar, algunhas das máis fáciles son as seguintes:

-Xera compost a partir de refugallos orgánicos, así axudarás a enriquecer a terra á túa ao redor e diminuirás case nun 60% os residuos do teu fogar.
-Doa roupa e zapatos que xa non utilices, pero que aínda poidan ser aproveitados por persoas de baixos recursos ou necesitadas. É unha excelente forma de axudar e reducir a cantidade de lixo no mundo.
-Reduce as bolsas de plástico que empregas e reutiliza as que xa teñas. Tamén coas botellas, desta maneira evitarás que se siga contaminando con material plástico as rúas e os océanos.
-Crea proxectos creativos a partir de material de refugallo. Existen multitude de cousas que se poden facer con material de refugallo, desde accesorios para vestir ata adornos para o noso fogar, simplemente deixa fluír a inspiración, busca ideas en Pinterest...
-Repara os electrodomésticos sempre que sexa posible. 

Convidámoste a que compartas todas as ideas que se che ocorran en materia de reutilización ou aproveitamento intelixente dos residuos, por medio das redes sociais utilizando o  hashtag # SemanaEuropeadelaPrevencióndeResiduos e axuda a diminuír o lixo do mundo.

Artigo traducido ao galego e adaptado dende Diainternacionalde. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Josh Power
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando