Se a diversidade biolóxica ten un problema, a humanidade ten un problema
A perda desta diversidade ameaza todos estes ámbitos, incluída a nosa saúde. Existen probas de que perder a nosa biodiversidade podería aumentar os casos de zoonosis - enfermidades transmitidas dos animais aos humanos- mentres que, pola contra, se conseguimos mantela estable, esta podería ser unha gran ferramenta na loita contra pandemias como aquelas causadas polos coronavirus.
Fotografía por Dmitry Bukhantsov
Enténdese por biodiversidade a ampla variedade de plantas, animais e microorganismos existentes, pero tamén inclúe as diferenzas xenéticas dentro de cada especie -por exemplo, entre as variedades de cultivos e as razas de gando-, así como a variedade de ecosistemas (lagos, bosques, desertos, campos agrarios,...) que albergan múltiples interaccións entre os seus membros (humanos, plantas, animais) e a súa contorna (auga, aire, chan...)
Os recursos biolóxicos son os piares que sustentan as civilizacións. Os peixes proporcionan o 20% das proteínas animais a uns 3 000 millóns de persoas. Máis do 80% da dieta humana está composta polas plantas. Aproximadamente, o 80% das persoas que viven nas zonas rurais dos países en desenvolvemento dependen de medicamentos tradicionais baseados en plantas para a atención básica da saúde.
Pero a perda desta diversidade ameaza todos estes ámbitos, incluída a nosa saúde. Existen probas de que perder a nosa biodiversidade podería aumentar os casos de zoonosis - enfermidades transmitidas dos animais aos humanos- mentres que, pola contra, se conseguimos mantela estable, esta podería ser unha gran ferramenta na loita contra pandemias como aquelas causadas polos coronavirus.
Aínda que cada vez somos máis conscientes de que a diversidade biolóxica é un ben mundial de gran valor para as xeracións presentes e futuras, o número de especies diminúe a un ritmo acelerado, debido á actividade humana. Dada a importancia da educación e a conciencia públicas sobre esta ameaza, as Nacións Unidas decidiron proclamar a celebración deste Día Internacional da Diversidade Biolóxica cada ano.
"Son parte da solución"
A medida que a nosa comunidade global debe reexaminar a nosa relación co mundo natural, unha cousa é certa: a pesar de todos os nosos avances tecnolóxicos, dependemos por completo de ecosistemas saudables e vibrantes se queremos dispoñer de auga, alimentos, medicamentos, roupa, combustible, refuxio e enerxía, só por nomear algúns exemplos.
Neste 2021, o tema do Día Internacional da Diversidade Biolóxica é “Son parte da solución”. O slogan elixiuse como continuación e seguimento dos esforzos da campaña 2020 “As nosas solucións están na natureza”, que serviu como recordatorio de que a biodiversidade segue sendo a resposta a varios desafíos do desenvolvemento sostible.
Desde solucións baseadas na natureza ao clima, pasando por problemas de saúde, seguridade alimentaria e da auga e medios de vida sostibles, a biodiversidade é a base sobre a cal podemos reconstruír mellor. Ese é a mensaxe que o Convenio sobre a Diversidade ( CDB), responsable da celebración e instrumento internacional en defensa da biodiversidade, pretende inculcar.
Voltar o listado