RETO 5: Reciclaxe de tapóns nos centros socioculturais

Con este Reto facemos unha gran labor medioambiental e solidaria!!

4bcd867477aa62f0c0a65aa590e89e44901d61a2
  • RETO 5: O reto número 5, como non podería ser doutro xeito, é reciclar. O reto consiste en levar os centros socioculturais asignados un mínimo de 25 tapóns de plástico para a súa posterior doazón a Tu ayuda = Mi ilusión.

Os centros socioculturais asignados para este reto (onde está a seguinte peza do quebracabezas) son:

  • Centro sociocultural de Santa Marta: Rúa de Antonio Rama Seoane, 6, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña

  • Centro sociocultural do Ensanche: Rúa de Frei Rosendo Salvado, 16, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

  • Centro sociocultural de Castiñeiriño: Rúa da Virxe de Fátima, 2, 15702 Santiago de Compostela

Cando os tapóns sexan entregados, cada participante terá que cubrir unha folla co seu nome, apelidos, correo electrónico co que estades dados de alta na Tropa Verde e firma e recibirá un anaco de quebracabezas, logo, teredes que enviar unha mensaxe co texto: ENTREGADO! a info@tropaverde.org ou por mensaxe privada no Facebook. Recordade enviar a mensaxe dende o correo co que estades dados de alta en Tropa Verde ou escribilo no corpo do correo ou mensaxe do Facebook para que podamos localizarvos con maior rapidez.

MOITA SORTE!!!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando