RETO 4: Onde vai o lixo que se xera en Santiago de Compostela?

Cada vez queda menos...

D1021085c6b4de3dc67c35183af0f7190d21265e

O Reto 4 volve a consistir  nunha pregunta moi doada: onde vai o lixo (colector verde escuro/ fracción resto) que se xera en Santiago de Compostela?

Recordade que con cada acerto os participantes recibirán un anaco de fotografía que terán que completar e que os levará a un lugar, un día e una hora en concreto onde se repartirán os premios e que hai que completar todos os retos para poder optar o tesouro.

A primeira persoa que termine primeiro de descifrar as pistas e atope o lugar de encontro levará o cofre cheo de premios. Haberá outros dous premios para a segundo e o terceiro posto. No caso de que se presenten á vez varios participantes Tropa Verde resérvase o dereito para realizar as accións necesarias para o correcto desempate.

Enviade as vosas respostas a info@tropaverde.org ou por mensaxe privada no Facebook! Recibiredes as respostas (coa seguinte pista) a partir do luns. Recordade envialas respostas dende o correo co que estades dados de alta en Tropa Verde ou escribilo no corpo do correo ou mensaxe do Facebook para que podamos localizarvos con maior rapidez.

MOITA SORTE!!


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando