RETO 3 : Trae a un amigo /amiga á Tropa Verde

Cada día falta menos...

E691a7171b7c3e2409a922db694b26acd41fe922
Para esta ocasión o reto consiste en facer un novo usuario da Tropa Verde, para elo tendes que contarlle a un amigo ou amiga as grandes vantaxes da Tropa Verde e darlle de alta na plataforma.

Enviade o correo do novo usuario a info@tropaverde.org ou por mensaxe privada no Facebook para comprobar que é un novo membro da tropa (comprobaremos a data de alta). Recibiredes as respostas (coa seguinte pista) a partir de mañá. Recordade envialas respostas dende o correo co que estades dados de alta en Tropa Verde ou escribilo no corpo do correo ou mensaxe do Facebook para que podamos localizarvos con maior rapidez.

Recordade que con cada acerto os participantes recibirán un anaco de fotografía que terán que completar e que os levará a un lugar, un día e una hora en concreto onde se repartirán os premios e que hai que completar todos os retos para poder optar o tesouro.

A primeira persoa que termine primeiro de descifrar as pistas e atope o lugar de encontro levará o cofre cheo de premios. Haberá outros dous premios para a segundo e o terceiro posto. No caso de que se presenten á vez varios participantes Tropa Verde resérvaseo dereito para realizar as accións necesarias para o correcto desempate.

MOITA SORTE!!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando