RETO 2: Procura do tesouro coa Tropa Verde

Conseguiredes superar o seguinte reto?

1f28fdb7a7477277e1db82da40373145e6c7cd50
RETO 2: Nesta ocasión o reto consiste en enviarnos unha fotografía que plasme, según o voso criterio, a labor da Tropa Verde ou algún aspecto relacionado co medio ambiente.

Recordade que con cada acerto os participantes recibirán un anaco de fotografía que terán que completar e que os levará a un lugar, un día e una hora en concreto onde se repartirán os premios e que hai que completar todos os retos para poder optar o tesouro.

A primeira persoa que remate primeiro de descifrar as pistas e atope o lugar de encontro levará o cofre cheo de premios. Haberá outros dous premios para a segundo e o terceiro posto. No caso de que se presenten á vez varios participantes Tropa Verde resérvase o dereito para realizar as accións precisas para o correcto desempate.

Enviade as vosas fotografías a info@tropaverde.gal ou por mensaxe privada no Facebook! Recibiredes as respostas (coa seguinte pista) a partir do luns. Recordade envialas respostas dende o correo co que estades dados de alta en Tropa Verde ou escribilo no corpo do correo ou mensaxe do Facebook para que podamos localizarvos con maior rapidez.


MOITA SORTE!!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando