Redondela poñerá en marcha iniciativas para fomentar a reciclaxe

O Concello de Redondela, a través de Topa Verde, desenvolvera un programa que ten como finalidade fomentar a reciclaxe.

9cdfbe8106354a4c367f627f65fd1e19bc8db618
O Concello de Redondela, a través de Topa Verde, desenvolvera un programa que ten como finalidade fomentar a reciclaxe. Trátase, segundo sinala o Concello redondelán, dun plan sinxelo no que todos os cidadáns poden recibir premios xa que, polos obxectos reciclados, recibirán puntos que poderán ser cambiados por descontos e agasallos no comercio local. O proxecto, en fase de preparación, conta xa cun total de 26 establecementos locais que sumáronse á iniciativa.

O Plan levarase adiante a través de Tropa Verde e o seu portal web, onde veciños e veciñas poderán darse de alta, consultar os puntos que posúen e facer o cambio destes puntos polo agasallo ou desconto que prefiran. Esta acción enmárcase dentro das iniciativas que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente, que xestiona Miguel Ángel Álvarez, de cara a concienciar á sociedade da importancia da reciclaxe para conseguir reducir ao máximo as toneladas de residuos xeradas.

Miguel Ángel Álvarez salientaba a importancia que se desenvolven dende a Concellería de Medio Ambiente “para reducir, ao máximo, o lixo facendo unha aposta decidida pola compostaxe, non so individual, senón comunitaria, coma na zona do Salgueiral”.

Do mesmo xeito, dende o Concello tamén se impulsaron campañas para incrementar a reciclaxe de vidro como a feitas este Nadal, “e seguiremos facendo todo o que estea na nosa man que a xente se conciencie que se todos reciclamos logramos un importante aforro para as arcas públicas e ese aforro pode ser invertido en servizos importantes para todos os veciños: se non reciclamos, ademais de danar o medio ambiente, estamos tirando cartos ao lixo”.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando