"Recicla, Reutiliza e xoga coa Tropa Verde"

Talleres de reutilización en 2 centros educativos da cidade: o CEIP de Fontiñas e o CEIP de Ramón Cabanillas.

6089840b0bda80d4d4bc21a25b7a9a8222ad5750

Para conmemorar o Día mundial da Infancia, celebrado o 20 de novembro Tropa Verde realizou varios talleres de reutilización chamado "Recicla, Reutiliza e xoga coa Tropa Verde" en 2 centros educativos da cidade: o CEIP de Fontiñas e o CEIP de Ramón Cabanillas.

A finalidade é incentivar a responsabilidade ambiental nos rapaces e rapazas da cidade de Santiago de Compostela, así como nas súas familias, contribuíndo así á redución dos residuos e optimizando a xestión destes e concienciar sobre a posibilidade de prescindir de moitas embalaxes, e por iso se traballou con estes materiais para reciclalos e convertelos en obxectos como xogos ou adornos de Nadal. Este traballo práctico foi acompañado con explicacións máis teóricas sobre a necesidade de limitar o uso de embalaxes "porque o mellor residuo é o que non se produce".

As actividades tiveron como principal característica a participación e a experiencia directa para facer adornos de nadal reciclando diferentes materiais (envases). E todo iso acompañado de explicación sobre as 3R, que é tropa verde, etc.


Copos de neve con botellas

Materiais: botellas de plástico, tesouras, cuter, rotuladores dourados ou prateados permanantes, fío para colgar.

Paso a paso: Os copos de neve con botellas de PET, fanse dunha forma moi sinxela, usando a parte inferior da botella PET que ten forma de flor.

Un corte selectivo da parte inferior, descubriranos unha fantástica forma da botella que nós converteremos nun copo de neve para a nosa árbore de nadal.

Cun cúter afiado faremos o corte da peza. Non hai que preocuparse, se te equivocas, téntao con outra botella. Por desgraza, nas nosas sociedade non é un obxecto que sexa escaso.

Unha vez cortada hai que poñerlle un pequeno aro de arame ou na súa falta, un trocito de cordel ou corda, o que fará que se poida colgar da árbore, pero iso farémolo despois da pintura. Para non manchalo accidentalmente.

Logo vén a decoración. Usaremos rotuladores permanentes e un pouco de imaxinación.

Fotografías de Andreu Romaní Fotografía
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando