Queres asistir aos Fogos do Apóstolo dende un lugar moi especial?

Pois...TRAE UN AMIGO Á TROPA VERDE

Noticia

A Tropa Verde cumpre 3 ANOS no DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE!! e para celebralo poñemos en marcha un sorteo duns dos nosos agasallos máis especiais e únicos da man do Concello de Santiago de Compostela:

Se sortearán 15 convites para dúas persoas para participar nos actos institucionais que organiza o Concello de Santiago na noite do 24 de xullo, con motivo das Festas do Apóstolo!! PODEREDES VELOS FOGOS DO APÓSTOLO DENDE UN LUGAR PRIVILEXIADO!!

Para participar no sorteo tendes que “Traer un amigo á Tropa Verde”, e dicir, contarlle a un amigo ou amiga as grandes vantaxes de formar parte da Tropa Verde e darlle de alta na plataforma. Podedes participar as veces que queirades, simplemente traendo amigos novos a Tropa!

Enviade o correo do novo usuario a info@tropaverde.org ou por mensaxe privada no Facebook para comprobar que foi dado de alta a partir de hoxe. Entraredes directamente no sorteo en canto o novo usuario sexa rexistrado. Recordade enviar a información dende o correo co que estades dados de alta en Tropa Verde ou escribilo no corpo do correo ou mensaxe do Facebook para que podamos localizarvos con maior rapidez.

O plazo para participar remata o día 17 de maio de 2018 ás 00:00h

UN ANO MÁIS SEGUIMOS CRECENDO!


Voltar o listado