Participación na Semana Europea da Prevención de Residuos
Co Obradoiro de Reacondicionamento de computadores refugados nos centros socioculturais de Vite e do Ensanche.
O obxectivo principal do obradoiro foi que os asistentes tomen conciencia do importante que é para o medio ambiente unha correcta xestión deste tipo de residuos e ensinarlles a valorizar de maneira sinxela algúns destes aparellos. Realizouse un caso práctico de reutilización dun computador, mostrándolle aos participantes como abrir a carcasa, os principais compoñentes que se poden cambiar (RAM , disco duro), o borrado seguro da información dos discos duros e como volver instalar o sistema operativo.
Temos que ter en conta que o reacondicionamiento dun equipo informático completo permite un aforro de emisións de CO2 á atmosfera equivalente ao dun vehículo para percorrer 1600 Km.
Entre todos os asistentes realizouse o sorteo dun PC de sobremesa refugado., na imaxe podedes velos gañadores!
Fotos de Andreu Romaní Fotografía