Parece papel pero non o é

Que papeis van ao colector de cartón para reciclar?

07a29d7b6b5bc9e181101c7ff531efdb51d65d47
Todos os días pasan polas nosas mans papeis e envoltorios que arroxamos ao cubo do papel sen estar aos 100% seguros de que o material que refugamos é considerado papel para reciclar.

Cantas veces estivemos coa man no alto suxeitando un envoltorio fronte á colector azul e durante uns segundos tratamos de decidir se é clasificado como papel?

Se hai máis dun que ten a curiosidade de saber que papeis van ao colector do cartón para reciclar, aquí algúns consellos que poden ser reveladores:

NON é papel

  • O papel de cociña, o hixiénico e as servilletas non é papel senón celulosa por tanto vai ao colector de restos.
  • Os papeis sucios con restos de comida e graxa deben botarse ao cubo de restos non ao de papel.
  • O papel de celofán empregado sobre todo para envolver agasallos e caramelos tampouco é papel senón un polímero natural derivado da celulosa e por tanto debe arroxarse ao colector de envases.
  • Os papeis Post-it con banda adhesiva tampouco se debe arroxar á sección de papel pola goma que contén. Iría a restos.
  • O mesmo ocorre cos papeis encerados que nos dan na carnicería e charcutería, tampouco se deben tirar ao cubo do papel.
  • Os papeis plastificados e os tetrabriks tampouco van ao cotenedor de papel.
  • Os pratos e vasos desbotables de cartón que se utilizan nas festas normalmente van recubertos cunha película impermeable polo que igualmente non se trata de papel para reciclar.
  • Os sobres con portelo e todos outros produtos nos que se mestura papel con plástico non debe refugarse como papel, salvo que recortes a parte que corresponde á goma e o plástico.
  • Ademais, nin as fotografías, nin as etiquetas adhesivas débense arroxar ao colector azul do cartón.

Despois desta longa lista negra, hai algo que é xenuinamente de papel?

Pois si. Queda unha infinidade de xornais, revistas, propaganda, cadernos, calendarios, folios usados, todos eles sen espiral de arame e sen grampas.
E de cartón, están as caixas, os envoltorios de papel 100%, as oveiras, o cilindro interior do papel de cociña e do hixiénico, ademais das embalaxes.

De agora en diante, teremos unha idea máis clara de que o que metemos no colector azul.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando