Os produtos promocionais da Tropaverde convértense en recompensas!

Dende a semana pasada xa é posible trocar estrelas na web da TropaverdeSCQ para conseguir unha das catro novas recompensas ofertadas polo concello de Santiago de Compostela: unha bolsa de tea para a compra, unha bolsa de merenda, unha botella de vidro reutilizable e un paraugas. O valor de cada unha delas é de 300 estrelas ⭐e o cupón xerado no troco debe ser presentado no momento da súa recollida.

Fa89d14c4f2c5afb4c653f01896f6f67ec716735
As catro novas recompensas ofertadas polo concello de Santiago de Compostela incorporan a imaxe de tres personaxes que serán os protagonistas da nova campaña de comunicación que se desenvolverá ao longo deste 2021: 3-R, Volta e Printo.

Co lanzamento destas catro novas recompensas, os centros socioculturais da Rede de Centros Socioculturais do concello de Santiago de Compostela, o Centro Xove da Almáciga e A Casa das Asociacións de Cornes adquiren un novo protagonismo. Ata o de agora, estes centros actuaban como emisores de estrelas, a cambio das boas accións medioambientais da cidadanía. Agora, actuarán tamén como lugar de entrega das novas recompensas, previa presentación do cupón xerado no momento do troco a través da web da Tropaverde.

É importante ter en conta que, se ben xa é posible realizar o troco de estrelas polas recompensas na páxina web, a Rede de Centros Socioculturais, o Centro Xove da Almáciga e a Casa das Asociacións de Cornes do concello de Santiago de Compostela permanecerán pechados ao público ata novo aviso por mor da actual situación sanitaria. Por tal razón, o cupón xerado ao trocar a recompensa non caducará e as recompensas poderán recollerse no centro correspondente cando estes abran de novo as súas portas á veciñanza.

Valor e forma de troco destas catro novas recompensas

As novas recompensas poden ser consultadas na categoría "concello" da páxina web da TropaverdeSCQ e cada unha delas terá un valor de 300 estrelas. 

Posto que son varios os centros habilitados como lugar de recollida das recompensas, á hora de facer o troco de estrelas pola recompensa, haberá que localizar, no nome da recompensa, o produto e o lugar de recollida que nos interese. Así por exemplo, se queremos conseguir a bolsa de tea para a compra e recollela no Centro Sociocultural de Conxo, a recompensa que debemos seleccionar é "Bolsa de tea para a compra que podes recoller no Centro Sociocultural de Conxo". 

Outra opción é buscar o produto ou o centro sociocultural no buscador do apartado de recompensas:

Os centros que colaboran coa Tropaverde para a entrega destas catro novas recompensas son:
En todos os casos, a día 1 de febreiro, todos os centros anteriores permanecen pechados ao público polo que a retirada das recompensas farase unha vez volvan abrir as súas portas á veciñanza.

Unha vez se restableza o normal funcionamento nos centros, para a recollida das recompensas deberá presentarse o cupón (na pantalla do móbil ou impreso) xerado no momento do troco na páxina web da TropaverdeSCQ.


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando