Os establecementos de venda de electrodomésticos asociados a ADEN do Concello de Santiago súmanse á Tropaverde

O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns composteláns e compostelás comprometidos.
Cada vez que unha persoa acode a un centro habilitado como entidade colaborada a entregar residuos, recibe un cheque con estrelas que pode  trocar por recompensas en forma de premios e descontos

424d52d10fda43f1d63dbffab8ec67aaac369560
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019- En maio de 2015 lanzábase na capital galega a iniciativa Tropaverde SCQ, impulsada pola empresa  Teimas Desenvolvemento e promovida xunto co  Concello de Santiago de Compostela e Urbaser.

O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns composteláns e compostelás comprometidos.
Cada vez que unha persoa acode a un centro habilitado como entidade colaborada a entregar residuos, recibe un cheque con estrelas que pode  trocar por recompensas en forma de premios e descontos que achegan os comercios e hostalería de Santiago de Compostela.

Os establecementos de venda de electrodomésticos asociados a  ADEN, (Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos), do  Concello de Santiago de Compostela, súmanse como entidades colaboradoras, habilitándose 7 puntos novos onde se pode facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos unha vez que estes chegan ao final da súa vida útil.

  • ITC ELECTRODOMÉSTICOS: Dirección:  RUA VALIÑO 1 BAIXO D. CP: 15707 
  • STAR CENTER SANTIAGO: Dirección: PRAZA DE VIGO 2. CP: 15706
  • CENOR SANTIAGO.: Dirección: ANGUSTIA, 17 – BAIXO. CP: 15703
  • RADIO  TELEDOMESTIC : Dirección: AMOR RUIBAL, 1. CP: 15702
  • TIEN21 SANTIAGO: Dirección: RÚA MONTERO RÍOS Nº36. CP: 15701
  • CENOR KLIMA.: Dirección: AV/AV. DE  VILLAGARCIA, 38. CP: 15706
  • STAR CENTER COSTA VELLA: Dirección:  C/ AMIO, 116 -  POLÍGONO COSTA  VELLA. CP: 15890
Con esta ampla rede de novos centros, particípase activamente no labor de concienciación ambiental dirixida aos cidadáns, e promóvese o desenvolvemento sustentable chegando a ser un elemento crave da da Economía Circular, ademais de dar resposta a unha das demandas máis frecuentes dos veciños, que é recibir recompensas polo seu esforzo á hora de colaborar na recollida selectiva de residuos..

Enlace puntos de recollida
 
Sobre Tropa Verde

Tropa Verde é un proxecto tecnolóxico e innovador desenvolto por Teimas Desenvolvemento , que premia a concienciación ecolóxica da cidadanía. Os cidadáns inscritos na plataforma reciben puntos cada vez que fan accións responsables  medioambientalmente, como depositar residuos nos lugares indicados, ou asistir a eventos de sustentabilidade. Estes puntos pódense trocar por distintos agasallos e premios que entregan os locais patrocinadores.

Sobre  ADEN

A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos ( ADEN), é unha asociación sen ánimo de lucro, que reúne aos empresarios do sector da distribución e venda de electrodomésticos.

Suman un total de 754 establecementos; 597 en Galicia e o resto distribuídos polas comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, Castela León, A Rioxa, País Vasco e
Navarra., cunha superficie destinada á venda de máis de 96.300 m2 e dan emprego a máis de 5.380 traballadores, 2.400 directo e 2.980 inducido.
As marcas comerciais distribuídas polas plataformas integrantes de  ADEN son as seguintes:  CENOR,  STAR  CENTER-  MILAR RADIO- TENDAS ACTIVA, DECORACTIVA,  CONNECTA -  MASTER CADEA,  MASTER  KITCHEN - TIEN21, CONFORT,  EURONICS -  EXPERT -  MILAR,  IVARTE e  UNISERCO.

Para máis información: www.asociacionaden.com

Síguenos en Facebook:  https://www.facebook.com/asociacionaden/
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando