Os envoltorios plásticos de alimentos sitúanse no primeiro posto do tipo de residuos máis abundante en 2019 nas praias de todo o mundo
Despois de 34 anos encabezando a listaxe dosresiduos máis abundantes nos areais de todo o mundo, as cabichas pasan a unsegundo lugar e os residuos de plásticos ocupan agora o primeiro posto daclasificación.
Un carriño de golf en Noruega, un anano de xardín no Xapón e ata un polo de goma en Filipinas! Segundo o informe publicado por Ocean Conservancy, estes obxectos atópanse entre os residuos máis estraños recollidos nas limpezas executadas polo seu equipo de persoas voluntarias en 116 praias de todo o mundo durante o ano 2019. No entanto, o dato máis destacado do informe é que por primeira vez en 34 anos que leva publicándose, a cantidade de residuos plásticos recollidos nas praias de todo o mundo supera á de cabichas.
Os datos que se mostran no informe indican que a cantidade total de residuos extraídos dos 39.358 kilómetros de areais analizados en 2019, ascendeu a case 9.500 toneladas. Entre os tipos de residuos máis abundantes atópanse (en orde decrecente):
- Envoltorios dun só uso para alimentos (principalmente de patacas fritas e doces)
- Cabichas.
- Botellas de plástico.
- Tapóns de plástico.
- Pallas de plásticos.
- Pratos e vasos de plástico dun só uso.
- Bolsas de plástico de supermercados.
- Envases de plástico para conter comida.
- Outras bolsas de plástico
- Tapas de plástico.
No que respecta ás dúas primeiras posicións da lista, a cantidade total de envoltorios de alimentos recollida ascendeu a 2.100 toneladas mentres que a cantidade de cabichas foi de 1.900 toneladas.
Para o caso concreto de España, o informe indica que a lonxitude total de praias analizadas foi de 39,1 kilómetros nos que se recolleron e analizaron 3.159 kilogramos de residuos.
Así mesmo, dada a longa traxectoria do informe, a análise da evolución dos datos ao longo do tempo permite detectar cambios nos nosos hábitos de consumo. Así por exemplo, detéctase unha caída na cantidade de latas de bebidas e bolsas de papel en todo o mundo despois do ano 2009. Esta caída é o resultado do proceso de popularización que experimentou a auga e embotellada naquel momento así como da substitución das bolsas de papel por bolsas de plástico nos supermercados.
Outro dato destacable é que, dende o ano 2017, as botellas de vidro desapareceron da anterior listaxe dos dez tipos de residuos máis abundantes nas nosas praias. No lado oposto atopamos o plástico, que é actualmente o tipo de material máis habitual nos residuos recollidos nas costas de todo o mundo.
A versión completa do informe, en inglés, pode ser consultada aquí.