Os centros socioculturais colaboran na recollida selectiva do aceite vexetal de fritura

Recollida selectiva do aceite vexetal de fritura nos centros socioculturais de Santiago de Compostela

0c17be3c68747cf5a0890d3a458781d0148a5bb6
Pásanse de 10 a 15 depósitos de  recollida selectiva do aceite vexetal de fritura nos centros socioculturais de Santiago de Compostela . A lista de CSCs que terán depósito de aceite:
A Trisca, O Castiñeiriño, Conxo, Fontiñas, Pontepedriña, Amio, Villestro, A Gracia, Almáciga, O Ensanche, Santa Marta, Vite, O Romaño (canda abra), Casa das asociación de Cornes e A Rocha dispoñen de bidóns onde os veciños poden depositar o aceite vexetal de fritura usado.

A Concellería de Centros Socioculturais lembra que este aceite de fritura non debe botarse polos vertedoiros dos fogares, nin pode ir nos contedores habituais de lixo. O aceite depositado nestes bidóns será logo reciclado ou mesmo revalorizado enerxeticamente.

A cidadanía interesada pode acudir a estes centros nos seus horarios habituais para facer uso deste servizo. 

Quen recolle o aceite?
Compostela Inserta, empresa local de inserción laboral promovida pola "Asociación Plataforma polo emprego"

Hoxe traballa unha persoa a tempo parcial, pero a maior volume poseríase incrementar a xornada e contratar a máis persoas.

Novos contedores
Existen novos contenedores máis cómodos, xa que se pode depositar unha botella pechada, sen necesidade de verter o aceite.

Depositar aceite ten premio
Cando deposites alo menos unha botella de 1 litro de aceite usado, recibirás un cheque da Tropa Verde con estrelas que podes trocas por premios e descontos.

Economía circular
O aceite verquido polo fregadeiro aumenta os custos de depuración
O aceite é recollido pola empresa de inserción social e convertido en biodiésel.

Coidas o medio ambiente
1 litro de aceite contamina 1.000 litros de auga potable


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando