Obradoiro de papel reciclado na Maker Faire Galicia 2020

A Tropaverde colaborou nesta edición 2020 da Maker Faire Galicia cun obradoiro de fabricación caseira de papel reciclado. O obradoiro está dispoñible en liña a través da plataforma da Maker Faire Galicia.

1f37f1ece6f55420e74081f904629d6b41356a3e
O obradoiro forma parte da programación da Maker Faire Galicia 2020. Como novidade, a edición deste ano desenvolveuse de forma totalmente virtual a través da súa plataforma. Grazas ao formato dixital, os contidos da feira seguen a estar dispoñibles polo que poden ser consultados en calquera momento. Os contidos son do máis variado, sempre co denominador común da innovación, o #doityourself e a creatividade. Para non a perder!

No que respecta ao obradoiro de papel reciclado co que a Tropaverde participou na feira, de seguido indicámosche a ligazón de acceso e os materiais que precisas para a súa realización:
  • Ligazón de acceso: https://makerfairegalicia.com/gl/talleres/como-hacer-papel-reciclado-en-casa
  • Materiais que se precisan:
    • Recipiente grande (tipo balde de plástico duns 10 litros)
    • Auga quente
    • Papel usado: revistas, xornais, folios,…
    • Coador
    • Mesturador (batedor)
    • Perchas de arame
    • Medias (serven rotas)
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando