O teu vello móbil esconde un tesouro: por que debemos reciclar o lixo electrónico en lugar de acudir á minaría

Os refugallos electrónicos son o residuo doméstico que máis crece en todo o planeta, segundo a ONU. En 2019 bateuse o récord de 53,6 millóns de toneladas métricas de refugallos electrónicos en todo o mundo, e a cifra podería chegar aos 74 millóns de toneladas métricas para 2030, duplicando a súa cantidade en 15 anos. 

8dfeada5037fa3f37a56281aad1328db2adc8db9
A taxa de reciclaxe de lixo tecnolóxico segue sendo baixa, e o mundo afógase en residuos electrónicos, cuxa xestión e tratamento segue sendo ineficiente, malia que as súas materias primas poden seguir reutilizándose e contribuír deste xeito á economía circular. 

Científicos da Royal Society of Chemistry (RSC) do Reino Unido solicitaron un esforzo global por aumentar a reciclaxe dos refugallos electrónicos e alertan de que a expansión da minería para obter metais raros e compoñentes valiosos para os dispositivos é non só finita, senón insostible. 

Nun futuro bastante próximo, extraer todos os metais preciosos e minerais orientados á tecnoloxía de consumo non será posible, mentres que a solución pasa por reciclalos. "Desta maneira poderíanse evitar os problemas da cadea de subministración no futuro e reducir os impactos ambientais", destaca nun comunicado Tom Welton, director de RSC.

Os refugallos electrónicos teñen metais preciosos como ouro, prata, cobre, platino e paladio, materiais voluminosos como o ferro e o aluminio e tamén plásticos aos que se lle pode dar unha segunda vida.

Un estudo publicado pola organización apunta a un cambio de actitude nos consumidores con respecto á sustentabilidade e aos hábitos de compra: hai unha demanda en alza de tecnoloxía máis sostible. 

A enquisa tamén subliña a confusión e a frustración que envolven ao consumidor debido á falta de información clara e precisa. Máis do 60% dos usuarios cambiaríanse aos rivais das súas marcas tecnolóxicas preferidas se optasen por unha fabricación sostible, e o 70% coincide en que é difícil e custoso reparar os dispositivos electrónicos.

Ademais, tres cuartas partes dos enquisados cren que se debe tomar medidas urxentes por parte dos gobernos para atallar a crise do lixo electrónico. Máis da metade expresan a súa preocupación polas consecuencias ambientais de ter vellos aparellos en casa, aínda que confesan non saber que deben facer con eles. 

Desde a Royal Society of Chemistry piden máis investimento público e privado en investigación para separar mellor as materias primas críticas dos residuos electrónicos. Tamén é importante que os gobernos revisen a infraestrutura de reciclaxe e os fabricantes avoguen por prácticas tecnolóxicas máis sostibles. 

O lixo que máis crece

Os refugallos electrónicos son o residuo doméstico que máis crece en todo o planeta, segundo a ONU. En 2019 bateuse o récord de 53,6 millóns de toneladas métricas de refugallos electrónicos en todo o mundo, e a cifra podería chegar aos 74 millóns de toneladas métricas para 2030, duplicando a súa cantidade en 15 anos. 

Ese ano, soamente o 17% do lixo electrónico foi recollido e reciclado, o que implica que valiosos materiais valorados en 57.000 millóns de dólares (54.000 millóns de euros) queimáronse ou foron parar á entulleira. Todo un desperdicio ambiental e económico. 

Artigo traducido ao galego dende Business Insider. Consulta o orixinal aquí.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando