O Problema coa Basuraleza non é só estético

Natureza e basura. Basura na natureza. En moitas ocasións ignoramos o impacto que poden ter os residuos nos entornos naturais.

594131e37cec7b39f9fd6ec17d96d5f536856c72
Non é unha teima por non topar lixo na area cando vamos á praia. É o que hai detrás. As implicacións ecolóxicas polo seu impacto nos ecosistemas e a evidencia de que non estamos a coidar este planeta que habitamos.

A basuraleza ten unhas consecuencias nos nosos entornos naturais e urbanos, que moitas veces ignoramos e ao que non estamos poñendo remedio se non atacamos á raiz do problema: a necesidade de reducir a cantidade de residuos non compostables que producimos e a necesidade de facer unha xestión correcta e eficiente destes materiais.

Hai moitos motivos polos que os residuos rematan en lugares non destinados á súa xestión. Ou ben, son vertidos directamente na natureza ou arrastrados polas condicións meteorolóxicas e o vento. Un dos problemas máis visibles, é a súa influencia sobre os medios acuáticos, aos que afecta de xeito moi grave. Non só os plásticos de todo tipo provocan este conflicto, senón que moitos deles descompóñense en microplásticos que entran na cadea trófica. Os animais acuáticos inxiren este material e inféctanse, podendo provocarlles a morte en moitos dos casos. Tamén poden ser portadores destes restos e introducilos no organismo das persoas que comen pescado ou marisco. Asemade, a flora pode absorver estes tóxicos presentes no medio acuático que se desprenden do material desbotado.

Outro problema de especial relevancia son os incendios forestais. A presenza de cabichas non completamente apagadas ou de envases de vidro que interactúan cos raios do sol, poden provocar lumes. Tamén a presenza de outros materiais plásticos e de papel, contribúen á maior propagación das lapas polo seu nivel de inflamación.

Nos entornos urbanos, e tamén rurales, o lixo pode ser causante de inundacións, debido á obstrucción dos desaugadoiros.
A fauna terrestre tamén se pode ver afectada pola inxesta destes residuos e pola modificación dos seus ecosistemas. A presenza masiva de residuos pode provocar que as especies migren a outros espazos, e que esta readaptación sexa mortal para algúns animais. Esta mesma migración pode fomentar a colonización dunha nova área por parte de especies exóticas invasoras, que desestabilizan o equilibrio do ecosistema.

A mellor medida que podemos tomar para reducir o noso impacto na natureza é coidar e protexer os espazos naturais como o que son: áreas con un equilibrio fráxil e de valor incalculable. Podemos diminuir os residuos que producimos, consumir local e a granel, empregar as nosas bolsas reutilizables, facer chegar ás marcas o noso desacordo sobre sobreenvasado dos seus produtos, buscar alternativas que non produzan residuos ou que o reduzan, reciclar e separar correctamente e achegarnos aos entornos naturais para coñecelos mellor e apreciar a súa importancia.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando