O oso panda xa non é especie “en perigo”, segundo China

O Goberno chinés declarou que o número de osos panda salvaxes chegou aos 1.800 exemplares no país asiático e que deixa de ser unha especie “en perigo” para converterse en “vulnerable”.

39eb3b2986c5392bb2c98c32471e86da0408d47a
Os osos panda son animais normalmente solitarios, aínda que periodicamente se xuntan entre eles fóra da tempada de reprodución. A súa maior actividade desenvólvese durante a saída e a posta do sol pasando a maior parte do tempo restante durmindo en bosques de bambú.

Marcan o seu territorio cunha combinación de cheiros que producen coa súa glándula anal, ouriños e marcas coas garras. Deste xeito, evitan conflito ao non utilizar áreas compartidas do territorio. Ao ser animais subtropicais, os osos panda perderon o hábito da hibernación.

Existen dúas subespecies de osos panda xigantes:

  • Ailuropoda  melanoleuca  melanoleuca: Á que pertence a maior parte da poboación de cuadrillas; atópase nas rexións montañosas de  Sichuan.
  • Ailuropoda  melanoleuca  qinlingensis: Vive nas montañas  Qinling en  Shaanxi a 1.300-3.000 m.s.n.m. Distínguense da variedade de  Sichuan por ter unha coloración distinta (marrón claro e escuro) e unha cabeza máis pequena con molares máis longos.
Cui  Shuhong, director do Departamento de Protección Ecolóxica do Ministerio de Ecoloxía e Medio Ambiente, explicou nunha rolda de prensa que “se melloraron as condicións de vida dalgunhas especies raras” como os osos panda, os antílopes  tibetanos ou os cervos do pai David, unha especie nativa de China.

O nivel “vulnerable” é o quinto na escala de especies en perigo de extinción tras extinto, extinto en estado salvaxe, en perigo crítico e en perigo. “Cui tamén mencionou o aumento de poboación doutras especies en perigo como os tigres e leopardos siberianos ou o ibis nipón”.

O Fondo Mundial para a Natureza (WWF) xa axustara en 2016 a “vulnerable” o estado de ameaza dos osos panda, e declarou que existen 1.864 exemplares no mundo. O hábitat natural dos plantígrados limítase actualmente, segundo WWF, a seis zonas montañosas repartidas nas provincias chinesas de  Sichuan,  Shaanxi e  Gansu.

Fotografía por PublicDomainPictures 


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando