O océano: vida e medio de subsistencia - Día Mundial dos Océanos

O océano cobre máis do 70% do planeta. É a nosa fonte de vida e o sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra.

Proba diso é que o océano produce polo menos o 50% do osíxeno do planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da terra e é a principal fonte de proteínas para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo. Ademais o océano é clave para a nosa economía, xa que se estima que, para 2030, haberá ao redor de 40 millóns de traballadores en todo o sector relacionado cos oceános. Con todo, a pesar de todos os seus beneficios, necesita máis apoio que nunca.

5dadf2b08db7736f78028ad1e0215c059478ea00
Artigo traducido ao galego dende  un.org. Consulta o texto completo aquí.
Fotografía por Linus Nylund.

Co 90% das grandes especies marítimas de peces mermadas e o 50% dos arrecifes de coral destruídos, estamos a extraer máis do océano do que se pode repoñer. Para protexer e preservar o océano e todo o que sustenta, debemos crear un novo equilibrio, arraigado na verdadeira comprensión do océano e como a humanidade se relaciona con el. Debemos construír unha conexión co océano que sexa inclusiva, innovadora e baseada en leccións do pasado.

“O océano: vida e medio de subsistencia” é o tema do Día Mundial dos Océanos 2021, un ano no que á súa vez arrincamos unha década de desafíos para lograr o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14: “Conservar e utilizar de maneira sostible os océanos, os mares e os recursos mariños” para 2030.

Unha década sobre a ciencia mariña

O Día Mundial dos Océanos lembra a todos o seu importante papel na vida cotiá. Son os pulmóns do noso Planeta, unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte fundamental da  biosfera.

O propósito do Día é informar sobre o impacto dos humanos no océano, desenvolver un movemento mundial de cidadáns polo océano e mobilizar e unir á poboación mundial nun proxecto para a xestión sostible dos océanos.

Este ano ademais é especialmente relevante, xa que marca o comezo do Decenio das Nacións Unidas das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible, que se estende desde 2021 ata 2030. O Decenio fortalecerá a cooperación internacional para desenvolver a investigación científica e as tecnoloxías innovadoras que poden conectar as ciencias oceánicas coa necesidades da sociedade.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando