O futuro “será circular queiramos ou non”.

O futuro “será circular tanto se queremos coma se non, pero non porque nos importe moito o medioambiente senón porque non hai recursos suficientes para seguir fabricando á velocidade á que o estamos facendo”, advertiu a bióloga Mercedes Herranz nun debate sobre economía circular.

1dcb5fd4fc805def71c5dfd1b702ea6f7c0731b8
Herranz, vicepresidenta tamén da Asociación de Consumidores e Usuarios (ADICAE) na Comunidade Valenciana, explicou que a economía circular non é sinónimo de reciclar senón que o importante é que “non chegue nada á entulleira”, durante un debate sobre ‘Consumismo  vs Economía circular’, organizado por esta entidade co apoio do Ministerio de Consumo no madrileño Círculo de Belas Artes.

No foro, tamén participou entre outros expertos o enxeñeiro e presidente da Fundación de Enerxía e Innovación Sostible sen Obsolescencia Programada, Benito Muros, quen se lamentou de que segundo unha enquisa elaborada en varios países da UE en 2019, “o 82 % dos consumidores declara que a súa prioridade é aforrar antes que salvar o planeta”.

A iso súmase que “tres de cada catro persoas pensa que os produtos éticos son máis caros”, polo que considera que é necesario incrementar a concienciación da poboación acerca da economía circular e o aforro de materias primas.

 Outra das participantes foi a xornalista e investigadora especializada en consumo  Brenda Chávez, quen chamou a atención sobre datos concretos por exemplo que “os europeos temos 72 aparellos electrónicos en casa e 11 deles non se utilizan ou están rotos”.

Axudar a mellorar o  medioambiente pódese conseguir con condutas tan fáciles como “manter a nosa roupa en uso nove meses adicionais -respecto a o que adoitamos usala- reduce a pegada de carbono, refugallos e auga entre un 20 e 30%”.

O delegado e economista de ADICAE en Asturias, Óscar González, engadiu que o consumo en si non é “nada malo” pero o problema é “cando se volve irracional e entón falamos de consumismo”.

Entre outras medidas ambientais, insistiu na necesidade de “unha etiquetaxe transparente, sen enganos verdes”.

Artigo traducido ao galego dende EFEverde. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por S. Tsuchiya 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando