O fondo mariño: destino da práctica totalidade dos plásticos que chegan aos mares
Oceana, organización internacional dedicada á protección dos océanos,publica o informe “Plásticos nas profundidades”, co obxectivo de concienciarsobre o impacto que ten o vertido de plásticos nos mares e océanos sobre osfondos mariños.
Fronte ás zonas máis superficialesdos océanos, os fondos mariños caracterízanse por unha menor temperatura efalta de luz. Malia isto, as profundidades dos nosos océanos están cheos devida, sendo o hábitat dunha elevada diversidade de organismos mariños, entre osque se atopan os corais, os cetáceos ou as quenllas.
Porén, estas condicións tamén fanque a degradación dos residuos plásticos nos fondos sexa máis lenta ca nasuperficie mariña. Esta lenta degradación provoca que os plásticos vaianacumulándose, afectando á vida destes ecosistemas. Neste sentido, aorganización Oceana sinala que, co paso dos anos, os fondos oceánicos estanse aconverter en vertedoiros de grandes dimensións. Esta situación, afectaespecialmente a mares tales como o Mediterráneo que, pola súa forma semipechadae elevada profundidade, atópanse especialmente ameazados.
Para frear a degradación dos fondosmariños, a devandita organización publica o informe “Plásticos nasprofundidades”. Este informe pon de manifesto a existencia dunha verdadeira“plaga de plástico” nos nosos océanos, tendo certificado que o 99% dos residuosdeste material que foron vertidos ás augas mariñas, rematan por acumularse nosfondos océanos. Á vista dos resultados obtidos, o informe alerta sobre anecesidade de protexer estes fondos, sinalándoos como os grandes olvidados daspolíticas de protección ambiental dos nosos océanos.
Así mesmo, dende a organización Oceanapropoñen una serie de medidas para completar as que se porán en marcha a partirdo ano 2021, coa entrada en vigor da lexislación europea para a redución doimpacto do plástico no medio ambiente. Estas medidas veñen a complementaroutras que xa están en marcha, tales como as limpezas de praias. Respecto aestas, Natividad Sánches, directora da campaña de Plásticos de Ocenada paraEuropa, sinala que, se ben estas actuacións son necesarias, estanse tornandoinsuficientes, dada a magnitude acadada polo problema da acumulación de plásticosnos océanos.
Entre as medidas propostas porOcena atópase a redución drástica dos plásticos dun só uso, a prohibición dasolta de globos ao aire libre, dada a elevada mortandade por asfixia que osseus restos provocan entre as especies mariñas, a necesidade de aumentar ata o70% a porcentaxe de envases que son reutilizables ou a creación de mapas dezonas de risco que axuden a localizar aquelas zonas máis sensibles áacumulación de lixo mariño.
Vía: Gestores de Residuos