O Día do Medio Ambiente celebrarase en Santiago de compostela con múltiples actividades

O domingo haberá rutas pola Selva Negra, yincanas no centro de interpretación e repartición de flores na praza Roxa

Ece797c7b8dd75c59ae3823ba14d93fedf88c37d

A celebración o vindeiro domingo, día 5, do Día Internacional do Medio Ambiente, concentrará en Santiago diversas propostas para sensibilizar á poboación acerca da importancia do coidado do medio ambiente. En colaboración co Concello, as empresas Ecovidrio, Viaqua e Ferrovial, así como a Asociación de Historia Natural e a entidade encargada da xestión do Centro de Interpretación Ambiental programaron actividades abertas aos composteláns.

A primeira proposta será a de Viaqua, concesionaria do servizo municipal de augas de Santiago, que limpará unha parte do río  Sarela, a partir de Galeras. Esta actividade está aberta a todos os composteláns, que só deberán inscribirse chamando ao 981561555 (222).

O mesmo domingo, No centro de interpretación celebrarase unha yincana, Historia Natural ofrece dúas rutas guiadas pola Selva Negra, e Ecovidrio regalará flores a todas as persoas que se acheguen á praza  Roxa cunha botella de vidro.


Vía: La voz de Galicia

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando