O Concello lanza un buscador online que facilita a xestión dos residuos
Presentación da web ondeotiro.santiagodecompostela.gal co obxectivo de axudar á cidadanía a que xestione mellor os seus recursos.
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe unha nova web, que ten como obxectivo axudar á cidadanía a que xestione mellor os seus recursos. Trátase do portal ondeotiro.santiagodecompostela.gal, enmarcado na plataforma do grupo de Green Cities ao que pertence Compostela.
Xan Duro explicou que "este novo servizo permitirá que a veciñanza vexa moi simplificada a tarefa de facer unha correcta xestión dos residuos, e que calquera saiba que facer con cada tipo de desperdicio que xera". Para iso, o buscador online "permítenos indicar cal é o artigo ou residuo do que nos queremos desfacer, e sinálanos o punto máis próximo no que vender, doar ou reciclalo". Tamén sinala cal é o contedor máis próximo no que temos que depositar desperdicios como papel, cartón, orgánicos ou vidro.
Na web aparecen 24 tipos de residuos diferentes, dende aceite de motor a tintas de impresión, pasando por téxtil e calzado, vehículos fora de uso ou restos de podas vexetais.
Vixilancia contra os vertedoiros incontrolados
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia aproveitou a rolda de prensa para facer un chamamento á cidadanía para poñerlle fin aos vertidos incontrolados que seguen aparecendo no termo municipal. Xan Duro explicou que no que levamos de ano foron localizados un total de 74.
Nas últimas semanas, a Policía Local puido identificar aos autores de dous vertidos na antiga escombreira de Aríns e no lugar de Torrente. Os responsables foran contratados por unha veciña de Brión para efectuar labores de limpeza nun galpón, e decidiron desfacerse de diversos obxectos neses dous puntos, de xeito irregular. A Policía Local tamén puido identificar unha empresa responsable dun vertido ilegal no lugar de Pena Corveira, onde apareceron obxectos perigosos e contaminantes. Nos dous casos, estanse tramitando os expedientes de cara a impoñer as sancións oportunas.
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que os lugares nos que aparecen os vertidos incontrolados con maior frecuencia, e polo tanto onde hai unha maior vixilancia policial, son A Cruxeira, a Granxa de San Lázaro, Brins (no contorno do circuíto de motocross), a antiga escombreira municipal de Aríns, Figueiras, Villestro, a Estación do Casal, O Porto e Amio (Pena Corveira).
O Concello vén de instalar sinais advertindo da prohibición de tirar lixo e entullos nalgúns destes lugares, en concreto na Cruxeira, Brins, Porto de Conxo, Casal de Laraño, Pena Corveira, e antiga escombreira de Aríns.

Vía: Concello de Santiago
Voltar o listado