O Concello de Santiago de Compostela presenta un vídeo no que explica o funcionamento da Tropaverde SCQ

O vídeo foi realizado no polo de traballo local do Concello de Santiago de Compostela, no marco da iniciativa europea Urbact, e nel explícase a operativa da Tropaverde.

38a05acd4bf271e83d396aea151013146a71cef3
Dende a boa acción medioambiental ata a recompensa. Este é o camiño que percorre Eva, a técnica de proxectos europeos do concello de Santiago de Compostela, para explicarnos o funcionamento da Tropaverde no vídeo que está dispoñible no perfil de Facebook fa Tropaverde SCQ.

O vídeo, no que tamén intervén Guadalupe Rodríguez Silva, técnica da rede de centros socioculturais do concello de Santiago de Compostela, e Cristina, propietaria de Chafarís, foi realizado no marco do proxecto europeo Urbact, cuxo obxectivo é a transferencia de boas prácticas dunhas rexións europeas a outras. A ligazón entre o concello de Santiago e este proxecto remóntase ao ano 2019, cando Tropaverde foi seleccionada como boa práctica para ser transferida a cinco cidades e rexións europeas: 
  • Budapest.
  • Guimarães
  • Dimos Pavlou Mela 
  • Urban Community Nice Cote D'azur 
  • Opole Agglomeration 
Dende entón e ata a actualidade, o grupo de traballo conformado por representantes do comercio local, do concello de Santiago de Compostela e de Tropaverde, vén realizando encontros periódicos nos que se dá conta dos avances realizados en cada unha das cinco cidades e rexións nas que Tropaverde está presente. 

Será co gallo destes encontros cando o vídeo se proxecte para dar a coñecer aos demais países o funcionamento da Tropaverde no noso concello.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando