O aceite usado da túa cociña ten unha segunda vida

1 LITRO DE ACEITE USADO PODE CONTAMINAR 1.000 LITROS DE AUGA

8780fa1bf3b7f32a118bcbf1561d543e7ae08d81
O pasado venres finalizamos as xornadas de concienciación sobre a importancia de xestionar adecuadamente o aceite de cociña usado nas rúas de Compostela en colaboración con Compostela Inserta.

Descubrimos que moitas persoas de Santiago descoñecen onde están localizados os puntos de recollida selectiva (aquí embaixo toda a info) e que reciclalo pode ter un impacto social positivo.

Depositando o aceite usado de cociña nos puntos habilitados, contribúes á creación de postos de traballo e permites que poida converterse en biodiésel en troques de acabar contaminando os ecosistemas cando os eliminamos a través doutras vías.


Lembra que os contedores laranxas en Compostela están localizados nos Centros Socioculturais do teu barrio:

· Centros Socio Culturais: As Cancelas, A Gracia, Amio, A Rocha,Castiñeiriño, Conco, Fontiñas, Laraños, Marrozos, O Ensanche, Pontepedriña, Romaño, Sta Marta, Villestro, Vite e Casa das Asociacións de Cornes.

· Puntos limpos + Punto limpo móbil

· Campus Norte, Campus Sur
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando