NormalizAutismo colabora coa Tropaverde con entradas para o "II Concierto Benéfico NormalizAutismo"
O venres 7 de febreiro ás 21:00h no Teatro Principal
NormalizAutismo Galicia" está a desenvolver o seu segundo proxecto consistente no "II Concerto Benéfico NormalizAutismo". Este celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela o próximo 7 de febreiro e pretende ter un concepto de gala benéfica na que se combinarán actuacións musicais cun labor de información aos asistentes sobre as principais aptitudes e/ou dificultades que as persoas con trastorno espectro autista manifestan, para contribuír a unha convivencia mais inclusiva, aberta e bidireccional.
Os artistas convidados intervirán dunha maneira individual e colectiva mediante a participación e colaboración entre todos eles. Así, conseguiranse versións en acústico das melodías, linguas e voces nunca antes escoitadas polos amantes da música de autor e do son en acústico, tratándose esta iniciativa por tanto, dunha proposta específica no ámbito cultural no que se proxecta.
Guadi Galego estará acompañada doutros artistas galegos como Luís Fercán, Jorge Casal, David Prado, Xavier Biscaíño, Silvia Penide e Álvaro Iglesias. Outros artistas nacionais como Rebeca Jiménez, Fran Fernández, Dani Hare, Silvia, Yoli Saa, Adriana Moragues e Vicky Gastelo sumaranse coa súa colaboración nesta iniciativa de normalización e visualización do trastorno espectro autista.
Clica aquí para conseguir as túas entradas.
NormalizAutismo Galicia
Asociación sen ánimo de lucro promovida por familiares e amigos de persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA).
Preocupados por mellorar a calidade de vida e por promover o exercicio efectivo dos dereitos destas persoas, creceu o noso convencemento acerca da necesidade de ir máis aló dirixindo todos os nosos esforzos cara á sociedade galega mediante o desenvolvemento de campañas sociais e de información, repartidas durante todo o ano.
O traballo que se está facendo en Galicia por parte de familiares e organizacións na prestación de apoio a persoas TEA ten un valor incalculable e está a obter uns moi bos resultados, resultados que se poden potenciar se incidimos aínda máis sobre as contornas non tan próximos dos afectados, co obxectivo de que a poboación galega teña un concepto máis claro do autismo xunto cunha noción básica sobre cales son as principais aptitudes e/ou insuficiencias que estas persoas manifestan, ata lograr unha convivencia máis inclusiva, aberta e bidireccional.
Voltar o listado