Mulleres Colleiteiras: as sete heroínas da reciclaxe de aceite usado na provincia da Coruña - Historias de Eco-emprendemento

Unha botella de aceite usado da cociña depositada nun contedor pode facer a diferenza para o medio ambiente e para a vida das sete traballadoras que integran as colectivo Mulleres Colleiteiras. Todas as semanas, saen sen falta polas mañás na súa furgoneta para recoller o material nos máis de 100 contedores públicos laranxas que están distribuídos na Coruña e outras localidades da provincia.

91874471a0bf6363e3e7f2f12059d3843daaa9dd
As mulleres tamén fan a recollida en escolas, centros comerciais, restaurantes e fundacións. Logo da recolección, todo o material é enviado á nave do polígono de Iñás. Alí, separan o aceite mineral de motor do vexetal nunha mesa. Xúntano e este pasa por unha reixa que capta os residuos sólidos do líquido como as  frituras. Despois o material é depositado nunha bomba de 1.500 litros que decanta a auga e os restos durante 20 horas. Ao final, o aceite está valorizado, xa ten un 95% de pureza, o que significa que pode ser utilizado para fabricar biocombustible.

Segundo Susana Pena, xerente do colectivo, o ano pasado, reuniron máis de 225. 000 toneladas do material en toda a provincia, e aspiran que a cifra incremente nun 35% este ano. «Pedimos que as persoas depositen o aceite en botellas de plástico pechadas porque no colectivo facemos un traballo manual, destapamos todos os recipientes na mesa. Se se trata de cristal, rompe facilmente ao transportalo á sede ou algunha das nosas operarias magoaríase. Tamén solicitamos que só se coloque aceite vexetal nos contedores porque o de motor ocasiónanos un problema. Se entra en contacto co vexetal, contamínao e xa non nos vale», sinala.

O proxecto de economía social naceu no 2013 como unha alternativa para empregar ás mulleres excluídas. Arquitectos sen Fronteiras apoiou a iniciativa para brindar mellores condicións aos asentamentos chabolistas de As Rañas e A Pasaxe. «Nese momento, non se recollía o aceite usado da cidade. As integrantes xa traballaran coa chatarra. Temos moi claro que as mulleres son quenes poden cambiar as cousas e poden desenvolver un traballo moi importante para a sociedade. Queremos conseguir a igualdade real dun colectivo que ten problemas á hora de entrar no mercado laboral».

Mulleres Colleiteiras pretende ir máis aló da inclusión social dos seus participantes nun emprego formal. Unha das apostas do colectivo está enfocada no desenvolvemento da autonomía por medio da formación, as traballadoras dan e reciben cursos sobre distintas temáticas como a tecnoloxía e o medio ambiente para desempeñarse de maneira profesional.

Hai pouco, as operarias estrearon unha nova furgoneta a gas doada pola Fundación Emalcsa e o  Concello da Coruña. O vehículo ten unha rampla na parte de atrás que facilita os labores de carga das traballadores. A entrega do coche tivo lugar na Depuradora de Bens (EDAR).

Aínda que o proxecto, nos seus iniciou dedicábase ao transporte do aceite usado, na asociación exponse a posibilidade de aprender sobre a transformación e o aproveitamento do material para culminar o proceso de economía circular. E por que non? Contratar máis mulleres que se atopen en exclusión social.

Artigo traducido ao galego dende La Voz de Galicia. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Monfocus
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando