Modelos de xestión de residuos domésticos en Galicia

En Galicia conviven hoxe en día tres modelos de xestión de residuos domésticos, a continuación, se mostra un resumo dos mesmos:

Modelos de gesti%c3%b3n
En Galicia conviven hoxe en día os seguintes modelos de xestión de residuos domésticos:
 

A empresa pública autonómica Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), creada por Decreto do 11 de abril de 1992, é o instrumento principal para a xestión da fracción resto e dos envases lixeiros da maioría dos concellos de Galicia, xa que foi a opción de xestión promovida polo propio Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia do ano 1998.

Na xestión dos fluxos de residuos domésticos deste modelo o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), xestionado por SOGAMA, xoga un papel fundamental.

Sogama

Esquema de xestión do modelo SOGAMA. Fonte: PXRUG 2010-2020

 

A recepción da fracción resto e dos envases lixeiros realízase inicialmente, na maioría dos concellos, mediante unha rede de plantas de transferencia distribuídas por todo o territorio galego. Nestas plantas realízase o transvase dos residuos dende os camións da recollida municipal a colectores de maior capacidade axeitados para realizar o transporte de longa distancia reducindo así o custo de transporte e os impactos ambientais derivados deste.

O CMC recibe estes residuos ben directamente das recollidas dos concellos próximos, ou ben procedentes das plantas de transferencia e transportados vía ferrocarril ou estrada.

O Complexo consta dunha serie de instalacións onde os residuos domésticos recibidos reciben o tratamento axeitado para a súa correcta xestión; a suma de todas estas instalacións, complementadas coa actividade do vertedoiro controlado de Areosa, pechan o ciclo da xestión dos residuos domésticos recibido

- Planta de selección de envases lixeiros: nela, mediante un proceso mecánico automatizado, realizase a selección dos materiais contidos nesta fracción (papel-cartón, PEAD, PET, Film, metais férricos e non férricos) para o seu posterior envío a unha empresa de reciclado.

- Planta de elaboración de combustible: nesta planta, mediante un tratamento mecánico, preparase a partir da fracción resto o CDR (Combustible Derivado de Residuos), recuperando nesta fase metais férricos e non férricos. O CDR envíase á planta termoeléctrica onde se produce a súa valorización enerxética e, como consecuencia, a produción de enerxía eléctrica.

- Vertedoiro para residuos procedentes da Planta Termoeléctrica: os residuos derivados da valorización enerxética do CDR depositante nos dous vasos autorizados segundo a natureza destes (vertedoiro de cinzas e vertedoiro de escouras).

Pode consultar información máis detallada sobre o funcionamento deste complexo na páxina web de SOGAMA e incluso realizar unha visita virtual a este premendo aquí.

O modelo de xestión de residuos domésticos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte o concello da Coruña e 8 concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros), ten como destino dos residuos domésticos xerados a Planta de tratamento de residuos da Coruña situada no concello de Nostián (A Coruña), de aquí en adiante denominada Nostián.

O esquema xeral da xestión dos fluxos dos residuos deste modelo é o seguinte:

Esquema de xestión da bolsa negra e bolsa amarela. Fonte: Sogama

Esquema de xestión do modelo NOSTIÁN. Fonte: PXRUG 2010-2020

 

A planta recibe dúas fraccións principais: a fracción inorgánica (resto e envases) e a materia orgánica recollida selectivamente. Para o tratamento destas fraccións a planta consta de dous grandes módulos.

- Planta de triaxe, clasificación e maduración da fracción inorgánica: mediante distintas técnicas de separación procédese á triaxe e clasificación individual dos residuos susceptibles de ser reciclados.

- Planta de tratamento da fracción orgánica: nesta planta aplícanse tecnoloxías de biometanización e compostaxe aerobio para esta fracción.

Os rexeitamentos desta instalación son dirixidos a un vertedoiro autorizado externo.

Actualmente esta planta é xestionada por ALBADA.

Pode consultar información máis detallada sobre o funcionamento deste complexo na páxina web de ALBADA

  • Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza (Lousame): Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Recollida selectiva de papel e vidro.  Cun 3.1%  de poboación incorporada.

O Complexo Medioambiental de tratamento de residuos de Barbanza atópase situado no concello de Lousame (A Coruña) e cobre o ámbito de xestión de residuos domésticos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza e dos concellos de Rois, Pontecesures e Ames.

O esquema xeral da xestión dos fluxos dos residuos deste modelo é o seguinte:

Esquema de xestión da bolsa negra e bolsa amarela. Fonte: Sogama

Esquema de xestión do modelo BARBANZA. Fonte: PXRUG 2010-2020

O Complexo recibe dúas fraccións principais: a fracción inorgánica (resto e envases) e a materia orgánica recollida selectivamente. Para o tratamento destas fraccións a planta consta de dúas liñas de tratamento diferenciadas:

- Liña de tratamento para a fracción inorgánica: nesta liña segréganse os materiais contidos nesta fracción para o seu envío a empresas de reciclado.

- Liña de compostaxe da fracción orgánica: nesta liña elaborase compost a través dun sistema de túneles e maduración aerobia.

Este complexo dispón dun vertedoiro onde se depositan os rexeites xerados no propio centro.

Actualmente esta planta é xestionada por FCC- Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.


A diferenza básica entre eles radica na distinta separación en orixe realizada aos residuos domésticos, o cal determinará o tratamento posterior a realizar a eses residuos.

Coñeza cal é o modelo de xestión do seu concello buscándoo no mapa do inicio e consulte a información detallada dese modelo de xestión na pestana correspondente.

O sistema de recollida dos residuos domésticos compleméntase cunha rede de Puntos limpos distribuída ao longo de todo o territorio galego para facilitar a labor de reciclaxe de todos os cidadáns. Consulte o punto limpo máis próximo ao seu fogar premendo aquí.

Dentro das competencias das Entidades Locais atópase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma que se estableza nas respectivas ordenanzas.

A Federación Española de Municipios e Provincias, en colaboración con Ecoembes, ven de publicar unha Ordenanza tipo e un Prego de prescricións técnicas sobre a xestión de residuos de competencia local para que sirvan de modelo e guía ás entidades locais á hora de adaptar as súas ordenanzas ou no momento de adxudicar novos contratos de xestión destes residuos.

Vía: SIRGA
Voltar o listado