Mellora da recollida selectiva de lixo en 2018
Melloran todas as fraccións de forma notable. 17,14% é a mellor cifra de selectiva da historia do Concello de Santiago
Xan Duro sinalou que "antes de que a Xunta aprobara esta bonificación, o Concello xa tiña os deberes feitos en canto a datos de recollida selectiva". Así, lembrou que en envases lixeiros houbo un incremento da reciclaxe nun 12,60%, en vidro dun 31%, en papel e cartón dun 10,82%, en téxtiles dun 76,16% e en recollida de aceites usados dun 266,80%. "Son datos que supoñen un exemplo para o conxunto de Galicia", indicou.
O edil tamén quixo "agradecer a implicación da veciñanza na reciclaxe, que é o que permite ter estes bos datos", e lembrou "o reforzo que se fixo no servizo de recollida de lixo nas última semanas" coa compra de 90 contedores novos de orgánico e resto, a instalación de contedores soterrados na travesa da Poza e na avenida de Bilbao, así como a chegada nos novos mandos para mellorar a recollida do papel e superar os problemas puntuais das últimas semanas.
- Melloran todas as fraccións de forma notable. 17,14% é a mellor cifra de selectiva da historia do Concello.
- A destacar o crecemento do vidro en 2017, pola recollida porta a porta HORECA; e o dos envases lixeiros en 2018, polas campañas de concienciación en comercios do centro.
- Os números son bos para un concello galego dentro de SOGAMA, mais moi mellorables, aínda moi lonxe dos obxectivos da UE para 2020 e 2030.
Vía: Concello de Santiago