Máquinas que converten as botellas de cervexa en area de praia

 As botellas baleiras se depositan nunha máquina que converterá o vidro en area.

9dd25cb790af10bcc234d658ef0f4f10127c30e9
A empresa de cervexa BD Export presentou unhas máquinas para reciclar as botellas de cervexa. Cando o cliente termine a cervexa, depositará a botella baleira nunha máquina que converterá o vidro en area.

A botella é triturada por centos de coitelas de aceiro que viran a 2800 revolucións por minuto. En só cinco segundos, o vidro da botella convértese en 200 gramos de area de sílice. Antes, un sistema sen carga elimina as etiquetas e os obxectos estraños.

Moitos dos areais do planeta están a ser deteriorados debido a unha sobreexplotación, posto que a area é utilizada por distintos sectores industriais como o da construción e o farmacéutico. Por iso, a compañía neozelandesa quere achegar non un granito de area, senón toneladas dela, en colaboración cos seus clientes. 

A compañía está comprometida pola sustentabilidade e o coidado ambiental. O ano pasado puxo en marcha o proxecto "Brewtroleum" para transformar o fermento en biocombustible.

Via: BD Export 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando