Máis de 41.000 toneladas de téxtil chegan cada ano a Sogama na bolsa negra

O téxtil, aínda que timidamente, xa foi diminuíndo de forma progresiva a súa presenza no colector xenérico

Large humana 6
Cerceda, ao 4 de abril de 2017.-  Con motivo da súa participación no Humana Day, evento celebrado o pasado 30 de marzo en Santiago de Compostela e no que Humana Fundación Pobo para Pobo deu a coñecer os distintos programas de cooperación ao desenvolvemento nos que traballa e cos que pretende contribuír a unha educación de calidade, equitativa e inclusiva nos países máis desfavorecidos, o presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, convidado de honra neste encontro, desvelou que máis de 41.000 toneladas de téxtil aínda chegan cada ano ás instalacións da empresa pública galega a través do colector verde convencional, destinado a acoller a fracción resto. 

É por iso que apelou á colaboración cidadá para que a roupa usada sexa depositada nos colectores adecuados e teña unha segunda vida a través da reutilización e a reciclaxe, coa vantaxe engadida de que, no caso de Humana, os beneficios obtidos destínanse integramente a proxectos sociais nos países do sur, así como tamén a accións locais. 

A pesar de que aínda chegan a Sogama moitas pezas na bolsa negra, alentou a seguir traballando nesta liña, xa que o labor de organizacións como Humana  xa está a dar os seus resultados. E é que o téxtil, aínda que timidamente, xa foi diminuíndo de forma progresiva a súa presenza no colector xenérico: desde o 8,34% en 2013 ao 7,84% en 2014 e ao 5,30% en 2015. "Imos no bo camiño", asegurou, "pero quédanos moita tarefa por diante que require a implicación de todos".

Tal e como sinalou, os avances de Humana e de Sogama, que precisamente este ano están de aniversario, 30 anos no caso da primeira e 25 na segunda, "debémosllos aos cidadáns; a aqueles que confían nos nosos sistemas, a aqueles que cada día depositan os seus residuos nos colectores habilitados para tal fin".

Así mesmo, lembrou que o coidado do medio ambiente é un loable labor que debe ir acompañada de "responsabilidade, compromiso e solidariedade", ao que engadiu que "se ese labor tradúcese en melloras na saúde, no ámbito educativo e na creación de emprego, o noso labor será realmente circular, acorde con ese novo modelo de desenvolvemento ao que todos, sen excepción debemos aspirar e polo que debemos traballar"

No transcurso do evento, Javier Domínguez Liño, recolleu, de mans da Directora Xeral de Humana Fundación Poboo para Pobo, o galardón polo seu labor na defensa dos valores ambientais, un  recoñecemento que tivo lugar no marco dos VII Premios Humana de Reutilización de Téxtil, que foron entregados igualmente con motivo do Humana Day Galicia.

MÁIS DE 100.000 EUROS DESTINADOS A PROXECTOS SOCIAIS

A Directora Xeral de Humana, Elisabeth Molnar, foi a encargada de dar conta das distintas iniciativas materializadas pola entidade no ámbito educativo, aínda que lamentou que aínda hai 250 millóns de nenos en todo o mundo que non saben ler nin escribir. Neste sentido, apelou á imperioso necesidade de investir en educación como garantía para o progreso das comunidades, de acordo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Agradeceu a colaboración do pobo galego, onde  Humana está implantada desde hai 17 anos e onde 300.000 doantes de roupa usada xa  utilizan os 390 colectores da organización instalados na nosa comunidade e que permiten recoller cada ano 2.100 toneladas de téxtil, evitando con iso a emisión de 6.730 toneladas de emisións de CO2 e posibilitando que máis 100.000 euros fosen destinados a distintos proxectos sociais.

Ademais de todo iso, manifestou que esta organización contribuíu tamén á creación de emprego estable e de calidade. Non en balde 500 persoas prestan servizo para Humana en toda España.

Con todo, e a pesar dos logros, coincidiu con Javier Domínguez en que aínda queda moito por facer, xa que non son capaces de recoller nin o 20% do total de roupa que se refuga. Un gran reto por diante no que dobregarán esforzos.

Via: Nota de prensa SOGAMA 
Voltar o listado