Lista para un Nadal de impacto positivo
Consegue que estas datas teñan un menor impacto medioambiental e que teñan unha influencia positiva no teu entorno.
Unha das claves para poder ter un Nadal máis sostible é ter unha certa planificación para non rematar mercando todo a último momento nunha grande superficie. Aquí che deixamos uns consellos para que estas festas sexan o comezo dun ano máis consciente:
- A cea de nadal: de proximidade e ecolóxica de preferencia. Evita ou reduce a carne, sempre que sexa posible. A súa producción ten un gran impacto medioambiental.
- Agasallos: mellor artesáns e do comercio local que permitan ter barrios vivos e agasallos máis auténticos e singulares. Regala cousas útiles que teñan unha longa vida ou experiencias.
- Decoración: fai os teus propios adornos con material reciclado. Aos peques encantaralle pasar unha tarde creativa e pasaredes tempo de calidade xunt@s!
- Doa os xoguetes e a roupa que xa non empreguedes nas campañas de Nadal. Moitas asociacións organizan este tipo de recollidas onde se poden entregar xoguetes en bo estado. Localiza a túa. Faralle moita ilusión a quen o reciba e prolongarás a vida de un obxecto en desuso.
Publicación coordinada co Concello de Santiago dentro do marco "Nadal Sostible".
Voltar o listado