Lanzan o proxecto REFRESH para reducir o desperdicio alimentario en toda Europa
O proxecto europeo REFRESH trata de dar solución ao problema do desperdicio alimentario. REFRESH execútase desde xullo 2015 a xuño 2019 e está financiado por Horizon 2020.
Hai 26 socios de 12 países europeos e China traballando cun obxectivo común de redución do desperdicio alimentario en Europa nun 30% para 2015, reducindo os custos de xestión dos residuos, e maximizando o valor dos desperdicios inevitables e os materiais de envase.
Obxectivos xerais:
- Contribuír de maneira significativa no obxectivo proposto pola política Europea de reducir o desperdicio alimentario en toda a UE nun 30% para o 2025.
- Desenvolver un Marco de Acción baseado en acordos estratéxicos a través de toda a cadea alimentaria, promovendo plataformas colaborativas, co fin de alcanzar un sistema alimentario máis sustentable e seguro en Europa.
Obxectivos específicos:
- Explorar e compartir as evidencias entre os diferentes países europeos para entender o comportamento ?sub-óptimo? tanto dos consumidores como das empresas que participan na cadea de valor alimentaria.
- Experimentar con situacións reais para poder probar a eficacia das solucións na redución do desperdicio tanto a nivel empresarial como de consumidores.
- Identificar as principais barreiras para unha óptima valorización dos produtos derivados do desperdicio (nivel legal, aceptación consumidor, empresarial, mecanismos de mercado, etc.).
- Identificar novas oportunidades de valorización dos alimentos que non se poden evitar desperdiciar, así como de materiais relacionados.
- Axudar á toma de decisións dos axentes que teñen que priorizar e actuar en relación ao malgasto (empresas e consumidores).
- Recomendar modificacións nas políticas para reducir ou eliminar barreiras que limiten axentes que teñen que priorizar e actuar en relación ao desperdicio.
- Xerar relacións sólidas entre os diferentes axentes da cadea para maximizar os impactos e o compromiso para unha redución do malgasto.
Via: Gestores de Residuos
Voltar o listado